Vera democratia. Sobre a rexeneración, dereitos cidadáns e autogoberno
Como resultado dunha transición feita á medida duns poucos temos actualmente un sistema que sofre de corruptelas, abusos de poder e alienación da sociedade por parte dos poderes institucionais e partidos políticos. Instituise un réxime para beneficio de oligarquias e depredadores políticos. Por eso faise indispensable tomar medidas urxentes encamiñadas a rexenerar o sistema.
Acordo de cooperación entre Coalicion Galega e Vía Nova Galicia
Para que o nacional galeguismo teña o protagonismo que cómpre faise preciso alargar a súa base electoral, que se lle ha de restar á dos partidos do nacional españolismo, e non é posible abranguer tan amplo espectro ideolóxico dende unha única forza política galeguista.
Estase a botar de menos unha forza de centro que vaia dende a socialdemocracia ao centro dereita non franquista.
Eulogio G. Franqueira: Mestre, galeguista e emprendedor
Eulogio Gómez Franqueira (Cenlle, provincia de Ourense, 06 de xuño de 1917 - Ourense, 20 de abril de 1988) foi un profesor, empresario e político.
Procedente dunha familia humilde de campesiños, estudou Ensino e traballou como profesor por case vinte anos, por primeira vez en San Amaro e logo en Castrelo de Miño.
Intervención do representante de Coalicion Galega-Via Nova, Eladio Fernandez, no acto de homenaxe no centenario do pasamento de Castelao na Casa do Concello de Rianxo o 29 de xaneiro de 2017
Novas
En defensa da nósa lingua
Coalición Galega vén de aderirse ao manifesto da Mesa Pola Normalización Lingüística en defensa da nósa lingua e participará nos actos que se han de celebrar en Santiago o próximo mércores dia 15.
Pola Unión: Galiza existe e quere existir
Visto o manifesto Pola unión: Galiza existe e quere existir, entendemos que este concorda totalmente co a nosa visión do que debe facer o galeguismo para as próximas eleccións xerais.
En Galiza e no Estado español danse uns problemas estruturais que hai que resolver e que non teñen nada a ver con esquerdas e dereitas, e por iso entendemos que é posible e necesaria unha unión transversal, que non exclúa a ningún galego, que emane da cidadanía, que conte co a colaboración e complicidade dos partidos de obediencia galega.
Entendemos que as prioridades para a próxima lexislatura han de ser:
Rexeneración democrática
Cohesión social
Autogoberno
Esta Unión ha de ser pensada non para combater a outros partidos se non para loitar contra a corrupción, o paro, a pobreza e a recentralización.
O bipartito, especialmente o PP, están a converter o parlamento galego nunha institución inoperante e o goberno de Feijoo nunha delegación do goberno de Madrid.
Xa non se fan políticas propias. A Xunta pasou a ser unha xestoría dos recortes orzamentais impostos polo goberno central en materia de saúde, ensino e dependencia.
As políticas económicas están dirixidas polo FMI, a señora Merkel e o IBEX 35.
O Réxime do 78 deseñou unha Constitución que modelou unhas estruturas onde está ausente a democracia participativa, o poder xudicial está controlado polo poder político, mantén privilexios da época franquista e polo tanto facilita nepotismos, clientelismos, corrupción e desigualdades sociais tercermundistas.
Ante todo isto non queda outro remedio que plantexar, primeiramente unha reforma constitucional para poder definir un modelo democrático que logo nos permita acometer o resto dos asuntos.
E para iso precisase un grupo parlamentar importante en Madrid que poida defender estas teses.
Gracias a todos os que nos votaron
Coalición Galega vai poder continuar a construir o proxecto de centro galeguista que se precisa en Galiza. Seguiremos traballando para acabar coas tres pirncipais preocupacións dos cidadáns, Paro, Pobreza e Corrupción, e por aumentar o autogoberno.
O político non debe acceder á política co único obxectivo de asegurarse un futuro ou resolver os seus propios problemas
O político non é mais que un representante da sociedade que se presta a realizar un servizo de xestión político-administrativa
Non obstante, a sociedade debe garantir que os seus representantes teñan cubertas, como mínimo, as súas necesidades mínimas en función do cargo ostentado e tempo dedicado a ese cargo
Benvido ao noso site
Abrimos unha nova etapa no noso proxecto de centro galeguista. Durante estes últimos anos participamos en distintas coalicións electorais que tiñan como obxectivo unha concentración de voto para acadar maior representación institucicional.
Non obstante, entre outras cousas, esto condicionou de forma importante o noso discurso, desvirtuandoo, e por outra parte os resultados obtidos nunca compensaron este sacrificio.