Funcionamento do partido

07-08-2014 17:58

Coalición Galega aprobou uns novos estatutos na última Asemblea Xeral que tentan abrir un novo modelo de funcionamento interno mais democrático e participativo. Os partidos clásicos teñen unhas estructuras ríxidas, altamente xerarquizadas, controlados por cúpulas dirixentes, os coñecidos aparatos de partido en que o militante acaba sendo un mero espectador que, como moito, vota as propostas que presenta a clase dirixente, sen capacidade de alternativa e co temor de ser represaliado se tén un comportamento crítico.

Nos partimos de que a cidadanía é a propietaria das estructuras democráticas e, en consecuencia, só a eles lle corresponde a toma de decisións.

O militante, como representante do cidadán dentro do partido, debe participar dos mesmos dereitos.

Non pode haber unha verdadeira democracia sen partidos verdadeiramente democráticos.

As liñas básicas de funcionamento interno son:

  • Calquera militante pode facer propostas que han de ser sometidas a debate, ainda que non perteneza a nengún órgao de dirección do partido.
  • As decisións importantes ou eleccións de candidatos han de ser debatidas e aprobadas en asembleas.
  • As decisións serán debatidas e aprobadas exclusivamente polas Asembleas dos territorios aos que lle que afecten tales decisións.

Para mais información consultar Estatutos de Coalición Galega