A ditadura procurou desactivar aos cidadáns politicamente, por que ao poder político venlle ben unha cidadanía pasiva.

O réxime do 78, seguindo os métodos do franquismo, propuxo e ratificou unha Constitución que impide a participación, excepto o "caramelo" de votar nas eleccións. Isto tamén facilitou a tiranía interna dos partidos políticos e a súa desconexión cos cidadáns.

Coalición Galega entende que, para ter unha verdadeira democracia, hai que rachar cos métodos franquistas e do réxime do 78 e, para iso, hai que comezar por democratizar os partidos políticos.

Elaboración de Candidaturas

Abertura de procesos participativos internos en Coalición Galega

Continuando co a política de portas francas, que facilitan a participación cidadán, a partires de esta data queda aberto o proceso para poder presentarse como candidato as eleccións municipais,  en tódolos concellos de Galiza.

Calquera cidadán pode optar a ser candidato,  tal e como está previsto nos estatutos, e participar na súa elección. Basta con seguir o procedemento que a continuación se expón.

 

Procedemento para a elección de candidatos.

  1. Para poder participar nos procesos internos do partido basta con darse de alta, cousa que se pode facer a través de esta páxina web. A inscrición non implica a obriga de pagamento de cotas.
  2. Os dereitos básicos dos afiliados son:
  • Facer propostas aos órganos de partido aínda que non se pertenza a ditos órganos. Participar nos correspondentes debates e votacións.
  • Participar nas Asembleas.
  • Presentarse como candidato a coordinar órganos de partido ou a integrar listas para procesos electorais externos.
  • Participar nas votacións internas para a elección de calquera tipo de candidatos.
  1. Naqueles concellos en que estea constituído o Comité Municipal todo o proceso será coordenado polo Comité. Para presentarse como aspirante a candidato basta con notificarllo ao Comité ou solicitalo a través de esta páxina web.
  2. Nos Concellos en que aínda non estea constituído o Comité, aquelas persoas que desexen promover unha candidatura, ademais de cumprir co requisito de estar inscrito, será suficiente con que se reúnan en Asemblea, elixan os membros do Comité Municipal, levanten acta e dean traslado dos acordos á Coordenadora Provincial ou Nacional, ou a través de esta páxina web.
  3. En calquera dos casos os candidatos definitivos han de ser acordados en xuntanza de Asemblea Municipal de afiliados. No caso de existir un consenso total entre os participantes da Asemblea, pódese prescindir do trámite de votación.

Por último recordar que, estatutariamente, os órganos municipais dispoñen de total autonomía para adoptar os acordos da súa competencia, entre os que se inclúen a elección de candidatos, elaboración de propostas programáticas e establecer os pactos de goberno que consideren oportunos.

Para calquera dúbida, consultar estatutos ou contactarnos nesta páxina web