Propostas para a reforma democrática

07-08-2014 22:30

O actual sistema democrático é a consecuencia dunha transición dirixida dende o anterior réxime e concebida para perpetuar privilexios de élites adquiridos durante o franquismo, ao que se acabaron sumando élites, sobre todo políticas, da etapa democrática. Para esto confeccionouse unha constitución á medida que permitira blindar o novo réxime.

Por tal motivo os problemas son sistémicos,  unicamente mudando o sistema é que se pode rematar con todas as deficiencias aparecidas e, para mudar o sistema, faise indispensable mudar a norma máxima.

Hai que abrir un proceso constituinte e contar con forzas políticas comprometidas seriamente coa reforma necesaria. O bipartidismo beneficiouse a si mesmo a cambio de manterlle os privilexios ás élites. Por eso van ser os mais reacios a calquera mudanza de fondo que non sexa pura apariencia. Por tal razón faise preciso que aparezan forzas con respaldo electoral, dispostas a rachar co pasado, ao marxe do bipartidismo.

As mudanzas necesarias podense resumir nos seguintes puntos:

  • Modificación da Constitución para unha rexeneración democrática para tirarlle o poder ao Réxime e entregarllo ao pobo. Democracia real. Mecanismos a disposición dos cidadáns que permitan o control e a censura dos comportamentos políticos.
  • Modificación da lei electoral que permita a libre elección dos candidatos e que non beneficie a concentración do poder.
  • As instititucións de control político non dependentes do poder político.
  • Nengun poder por riba dos cidadans. Tampouco sobre os seus representantes, excepto os propios cidadáns.
  • Establecemento, dentro da Constitución, dun listado de dereitos mínimos dos cidadáns de obrigado cumprimento.
  • Control público de sectores estratéxicos, tales como os enerxéticos ou finacieiros, que impliquen responsabilidades penais se fora o caso.
  • Reparto das cargas fiscais equitatativamente e proporcionais aos ingresos, para todos os contribuintes.
  • Economía de libre mercado pero con control público que impida abusos e oligopolios. Apoiar aos emprendedores exixindo respeto á sociedade e sen recortar dereitos básicos dos traballadores.
  • Transformar o Estado autonómico nun Estado confederal. As competencias han de residir nos estadios inferiores e ceder ás superiores unicamente aquelas que non poidan ser xestionadas con eficacia polas inferiores. Han de ser exclusivas, non compartidas con outros gobernos . Financiación adecuada ás competencias detentadas, reflexada na Constitución e estatutos confederais, e non sometida ao criterio arbitrario do Goberno central.

Para unha mellor información sobre estes aspectos consulte Ponencias.