Manifesto

Vera Democratia. Sobre rexeneración, dereitos cidadáns e autogoberno

Como resultado dunha transición feita á medida duns poucos temos actualmente un sistema que sofre de corruptelas, abusos de poder e alienación da sociedade, por parte dos poderes institucionais e partidos políticos. Instituise un réxime para beneficio de oligarquías e depredadores políticos.

O pase da ditadura á un sistema mais democrático estivo capitaneado polo franquismo. O franquismo reformouse a si mesmo pero procurando manter as bases sobre as que se sustentaba o seu poder, que son as seguintes:

Concentración do poder

Administración central con leves concesións descentralizadoras con competencias cedidas, pero baixo a tutela do poder central. Orzamento centralizado.

Lei Electoral que incentiva a concentración do voto.

Decisións unicamente institucionais.

Impedimento da participación do cidadán tanto na toma de decisións como para introducir cambios lexislativos, por iniciativa propia, incluída a modificación da Constitución.

Xustiza ao servizo do poder político e centralizada.

Poderes cortesáns.  Manter os privilexios dos sectores que foran a razón de ser e sustento do franquismo. Reimplantación da monarquía para velar polos cortesáns.

Por todo iso faise indispensable tomar medidas urxentes encamiñadas a democratizar e rexenerar o sistema.

Organización interna dos partidos.

Non se pode construir unha verdadeira democracia con partidos autoritarios a nivel interno.

A política institucional acaba sendo un reflexo do comportamento dos partidos.

Os partidos políticos non poden ser reducto de dirixentes que se converten en élites todopoderosas que controlan e deciden ata o mais mínimo, mantendo ao marxe ás bases militantes.

Por eso os estatutos de CG son fiel reflexo dunha democracia directa onde calquera militante tén dereito a propoñer e participar nas decisións internas ainda que non pertenza aos órganos de coordenación.

En CG os órganos son de coordenación e goberno que non conleva que os seus integrantes teñan mais mando que os militantes.

 

 

Fundamentos para unha verdadeira democracia

Historicamente os estados son o resultado de conquistas ou pactos entre monarquías nas que nunca interveñen os cidadáns. Este estado é herdeiro de iso e mantén moitos dos vicios precedentes.

Un estado democrático debería ser a consecuencia da libre e voluntaria unión de individuos co a fin de constituír estruturas colectivas.

Nese caso viría a ser algo similar a unha sociedade mercantil con funcionamento de cooperativa, onde os socios son os propietarios e, como tales, correspóndelle establecer as finalidades, o funcionamento e o control directo dos órganos lexislativos e de goberno. Isto é o que se entendería como o Dereito a decidir dos cidadáns.

Dereitos dos cidadáns, compromisos colectivos.

Unha das razóns que dá sentido á creación dunha estrutura colectiva é o principio de solidaridade.

A actual Constitución, en moitos casos,  fai unha declaración de intencións sobre dereitos cidadáns que non son de obrigado cumplimento.

Por eso compre facer a apertura dun período constituinte para confeccionar unha nova Constitución mais acorde cos novos tempos, que teña como meta unha democracia real ao servicio do todos, que garante uns dereitos mínimos:

  • Sanidade, educación e xusticia gratuitas e universais.
  • Dereito a traballo, vivenda e subsistencia.
  • Dereito á vida e a non ser asoballados.
  • Obriga de protexer aos mais indefensos sexa por razons de saude, de idade, minusvalía ou economía.
  • Dereito á discrepancia e a participar activamente na toma de decisións.
  • Administración pública ao servizo do cidadán e non dos distintos poderes. Igualdade de trato por parte de todalas administracións sen diferencias por razons de poder, económicas ou de calquera outra índole.
  • Colaboración económica solidaria obrigatoria, de todos cidadáns, para cumplir co pricipio de redistribución da riqueza e mais de contar cos fondos precisos para poder cumplir cos dereitos que conleven un gasto económico, procurando que as contribucións estean en función proporcional á riqueza das persoas.

As institucións políticas garantirán que se cumplan estes dereitos e obrigas.

Organización político administrativa.

  • A soberanía popular residirá nos individuos e non nos colectivos, aínda que as decisións se teñan que adoptar por maioría.
  • Todos os poderes han de emanar do pobo. Nengun poder por enriba da soberanía popular. Os representantes políticos han ser todos cargos electos e civis.
  • O poder xudicial ha de ser independente do político, pero artellarase de xeito que posibilite o seu control por parte dos cidadáns. Descentralización xudicial tomando como unidade xudicial as comunidades autónomas.
  • Control de aqueles poderes que, ainda non sendo políticos nen xudiciais,  teñen unha grande influencia sobre o progreso e as vidas dos cidadáns.
  • Poder de revocación de cargos electos via consulta de iniciativa popular
  • Poder de revocación ou modificación de leis vía consulta de iniciativa popular
  • Estado laico, non simplemente aconfesional

Organización territorial

Recoñecemento en tódolos aspectos dun estado plurinacional, sobre todo no que respecta ás comunidades históricas.

  • Descentralización tanto política como administrativa.  Un sistema descentralizado significa:

              Maior compromiso democrático co a cidadanía

              Maior eficacia político-administrativa

              Construír un mundo mais humano e adaptado á dimensión do home

  • O modelo organizativo mais adecuado para un estado plurinacional é un sistema confederal. Temos un referente na Confederación Helvética. Unión voluntaria, democrática e en igualdade de condicións. O principio polo que se rexe a Suíza para a cesión de competencias, dende os cantóns ao goberno federal, é o de quenon se traspasa ningunha competencia que se poida xestionar con maior eficacia por  parte dos cantóns.
  • Así pois, as competencias han de ser distribuidas, entre os distintos entes territoriais, tendo en conta os principios de maior eficacia e cercanía
  • Os órganos territoriais han de contar con competencias exclusivas, sen posibilidade de interferencias dos órganos centrais.
  • O finanzamento das autonomías debe ser por concerto e cupo con axencia tributaria propia.
  • Hai que substituír o Senado por un órgano territorial que asuma o debate e aprobación dos asuntos que afectan ás autonomías.
  • Supresión de entes arcaicos que non cumplen ningun cometido que non poida ser resolto polos entes locais ou autonomías, como son as Deputacións.

Reforma electoral

  • Reforma electoral para que os parlamentos sexan mais un reflexo da pluralidade social e impidan a acumulación de poderes. Reparto mais proporcional aos votos dos cargos electos.
  • Listas abertas ou desbloqueadas. Os cargos han de representar aos cidadáns e non aos partidos.
  • Gobernos que representen á maioría dos votantes, en coalición se fora preciso.
  • Para eleccións estatais e europeas, tomarase como circunscrición electoral as comunidades autónomas. Reparto proporcional aos votantes do número de representantes a elixir.

Rexeneración democrática.

Moitos das reformas enunciadas anteriormente teñen un efecto positivo sobre a rexeneración democrática. Non obstante precisase de medidas adicionais.

Xulgados especiais, autonómicos, exclusivamente para recibir denuncias e investigar irregularidades políticas.

Endurecemento das penas por comisión de delitos políticos ou colaboración.

Obrigatoriedade de xustificación pública para a de concesión indultos. Inhabilitación perpetua para cargos públicos, salvo no caso de delitos leves ou faltas.

Engadir as responsabilidades políticas. Todo cargo político será responsable dos seus actos e dos de aqueles cargos de rango xerárquico inferior que estean baixo o seu mando. Calquera acto irregular, non ético, aínda que non se demostre culpabilidade directa ou responsabilidade xurídica, conlevará como mínimo a dimisión.

Economía e políticas sociais

  • Economía de libre mercado baixo control e regulación das institucións políticas. Apoiar aos emprendedores e preservar dereitos mínimos dos traballadores que impidan abuso de poder, sobre todo de grandes corporacions.
  • O estado do benestar xurdiu na Europa occidental como modelo alternativo ao existente tras o Telón de Aceiro, durante a Guerra Fría. Consideramos que o estado de benestar é unha garantía de igualdade de oportunidades con independencia da orixe social e, ao mesmo tempo, o mecanismo que garante tratar con xustiza aos grupos mais vulnerables da sociedade. Por iso é que tén que ser o cerne dun estado democrático solidario.

Lingua e cultura

A cultura é o produto final de milenios de historia que proporciona signos de singularidade e peculiaridade aos pobos e marca as diferenzas cos outros pobos.

A cultura é un patrimonio que nos chega de balde e é a nosa obriga coidalo para transmitirllo a os nosos herdeiros.

A maiores a nosa lingua, por proceder do tronco común galego-portugues, serve para comunicarnos con centos de millóns de persoas.

Nos países onde non existe un hipernacionalismo estatal, todas e cada unha das linguas teñen o mesmo rango e son respetadas por igual, incluso non se impón ningunha como oficial.

O ultranacionalismo español imperante, non só impón unha como oficial, senón que incluso loita por facer desaparecer as demais.

Debemos loitar polo respeto da nosa lingua e cultura e pola súa perpetuación.

Dentro da Galiza a lingua galega deber ter carácter de oficial e a lingua do estado rango de cooficial.