Benvido ao noso site

Abrimos unha nova etapa no noso proxecto de centro galeguista. Durante estes últimos anos participamos en distintas coalicións electorais que tiñan como obxectivo unha concentración de voto para acadar maior representación institucicional.

Non obstante, entre outras cousas, esto condicionou de forma importante o noso discurso, desvirtuandoo, e por outra parte os resultados obtidos nunca compensaron este sacrificio.

Ultimamente o galeguismo de esquerdas está a pasar unha crise importante consecuencia dun mal funcionamento interno que rematou en varias escisións e, por outra parte, as experiencias de goberno en alcaldías importantes mais a súa efimera etapa de goberno na Xunta demostrou que, chegados a ese punto, acaban sendo absorvidos polo sistema e adquiren os mesmos vicios que os demais partidos aos que criticaban.

Por esta razón tomamos a firme decisión de recuperar o noso proxecto político e participar únicamente co as nosas siglas para tentar darlle novos horizontes á política galega.

Aproveitamos para reformular o noso pensamento, adaptandoo aos novos tempos,  plantexando uns novos principios ideolóxicos e unha actualización da forma de funcionamento interno dun partido mais democrático e participativo.

Nos distintos apartados de esta web toparás esa nova forma de entender a política que esperamos sexa do voso agrado e, en calquera caso, estamos abertos a debate de calquera suxerencia.