Centristas por Europa

12-04-2019 01:50

 

Coalicion Galega chegou a un acordo con diversas forzas políticas do Estado español que van dende Galicia a Cataluña e Andalucía pasando pola meseta, que teñen en común compartir o espazo ideolóxico de centro para conformar una coalición electoral coa denominación de Centristas por Europa que se presentará ás próximas eleccións ao Parlamento Europeo.

Dentro das propostas programáticas que vamos defender temos as seguintes:

O organismo lexislativo de referencia e de rendición de contas ten que ser o Parlamento Europeo

O Comité das Rexións con poder lexislativo codecisorio

O galego ten que ser idioma oficial da Unión Europea

Que no Tribunal de Xustiza da Unión Europea haxa un representante das minorías culturais e nacionais

Europa ten que ser solidaria. Un sistema de emisión de débeda común e respaldado por todos os membros

Intensificar as relacións de cooperación co Consello de Europa e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Política Exterior e de Seguridade Común (PESC)encamiñada á resolución pacífica dos conflitos e o fomento da democracia