Rexeneración democrática

Na ponencia Análise do sistema político Español  faise un estudio pormenorizado dos fallos fundamentais dos sistema político que impiden que sexa un sistema realmente democrático.

Ata hai uns anos a casi totalidade dos cidadans consideraba que estabamos nunha democracia. Tuvo que vir unha crise económica para que a xente se dera de conta que este sistema unicamente tén de democrático que hai eleccions de representantes cada catro anos pero que, entre eleccions, o político fai o que lle peta.

Entre o cidadán cunde o desánimo, a desafección e unha rabea interior. Campo estercado para populismos mesiánicos, para propostas demagóxicas, para que os partidos mais culpables presenten propostas de unha mudanza mais aparente que real para que o fundamental non mude.

O cidadán é unha esponxa que absorbe a información de uns medios de comunicación manipuladores, por que os medios tradicionais son ante todo empresas que teñen que obter beneficios e, entón, primeiro están as rentabilidades e despois a información.

Á morte do dictador, todalas empresas de medios de comunicación eran moi conformes co franquismo, eran bastante rentables e eran moi ben recibidas polo usuario, en xeral. Polo tanto moi difícil crear novas empresas e, en consecuencia, ter unha pluralidade informativa real. Todo o mais o PSOE, dende o poder e á vista da sua necesidade de equilibrar a información, axudou a crear algún medio que lle  fora mais afin. E nas comunidades con mais sentido de autogoberno trataronse de crear novos medios afins ao nacionalismo e mesmo tentar de atraer aos tradicionais sen demasiado éxito, excepto Cataluña e país Vasco.

Eso contribuiu a que, en grande medida, a discusión a nivel estado fose esquerdas-dereitas e non centralismo si, centralismo non, ou que nivel de descentralización era o mais correcto, papel da monarquía, etc. Ao contrario, calquera apertura de debate de eses temas, era respondido con moita crudeza por parte dos medios.

Os medios desempeñaron un papel fundamental para asentar este sistema.

Para rexenerar os sistema é preciso, ainda que non suficiente, modificar ou eliminar da constitución aqueles aspectos que, como poidemos observar, foron incluidos para perpetuar controles e privilegios do franquismo.

A dinastía dos Borbons carece de lexitimación por que colaborou no golpe de estado do 36 e o actual monarca foi elexido polo dictador e xurou fidelidade aos intereses  franquistas. Os feitos acontecidos durante os case 38 anos de xancarlismo mostran que tén cumplido coas promesas feitas ao dictador e que a monarquía se converteu nunha institución que, ante todo, pensa en si mesma.

Como mínimo á xefatura do estado hai que exixirlle responsabildade e transparencia. Un xefe de estado tén que poder ser destituible, de non cumplir co as expectativas esperadas polo cidadán e o nomeamento de un novo tén que ser democrático, e decir, por elección popular.

Esto implica que o sistema político tén que ser de córte republicano ou similar.

Por outra parte hai sistemas políticos nos que non se da a bicefalía de presidente do goberno e xefe de estado. Tamén hai algun estado onde non hain nin xiquera xefe de estado nin presidente de goberno central.

En calquera caso os cargos de representación popular ha de ser electos.

O exército tuvo un importante protagonismo para a instauración e permanencia da dictadura. Toda a súa historía está marcada por un servicio aos seus intereses e  aos do absolutismo, á súa vez, ao servicio de intereses espúreos. Sempre foi un elemento que dificultou a democratización.

Os únicos poderes legítimos en democracia son o Executivo, o Lexislativo e o Xudicial o resto debe estar ao servicio de estes poderes excepto, claro está, os cidadans.

Do mesmo xeito que na constitución se sinala que Las Fuerzas y Cuerpos de seguridad, bajo la dependencia del Gobierno... tamén se debería facer constar esa dependencia para o exército e non convertelos en garantes da integridade territorial, do orde constitucional e da soberanía do estado.

Manter a división provincial só tén sentido para unha certa continuidade do funcionamento da administración central desde unha óptica xacobina e para ter unha circunscripción electoral reducida.

Tamén axuda a xustificar a continuidade das Deputacions provinciais.

Co a aparición das Autonomías carece de sentido a existencia de esas Deputacions. A función das mesmas pode ser repartida perfectamente entre Concellos e Autonomías. ¿Por qué entón se manteñen na constitución? Como un residuo do centralismo dentro das Autonomías. Como as bases americanas en territorio extranxeiro. Como unha alternativa centralista ao poder autonómico. Tamén se acabaron convertendo en captadoras de voto por que poden practicar amiguismo e enchufismo xa que, por non depender directamente dos votantes, non son castigables electoralmente. Así foi que se converteron en puros centros de donación de favores e despilfarro a cambio de votos.

Nestes momentos o PP está tentando modificar a lexislación local co ánimo de transferir competencias dos concellos ás deputacións como unha fase mais do proceso recentralizador que está acometendo.

As deputacions non melloran os servicios ao cidadán, todo o cotrario, serven aos partidos maioritarios e, se o considerasen necesario, poderían ser utilizadas para un vaciamento de competencias tanto dos concellos como das autonomías. Son polo tanto institucions a eliminar para un bo funcionamento da administración democrática.

A totalidade ou case totalidade das competencias das autonomías non son exclusivas, son compartidas. O goberno central reservase o poder de decisión sobre asuntos importantes de esas competencias. Tamén a financión de esas competencias non están totalmente definidas e dependen de unha concesión, nalguns casos negociada,  do goberno central.

Esto fai que as comunidades se vexan política e finacieramente, subordinadas ao goberno central. Esto, mais a forte xerarquización dos partidos mais centralistas, fai que paulatinamente se aproximen a administracions delegadas do goberno central ou, cando menos, dependentes dos órganos centrais de eses partidos.

O estado español en gran parte é un estado herdado, territorial e administrativamente, ao que se lle poden introducir melloras co permiso dos poderes reais.

Supoñendo que o estado non existira, e quixéramos crealo, habería que facer un proceso de abaixo a arriba. Supoñendo un territorio con cidadans sen estructura administrativa, primeiramente agrupariamosnos en colectivos reducidos formando unha especie de cooperativas para atender asuntos imposibles a nivel individual. Elixiríamos a persoas encargadas de xestionar eses asuntos (representantes), que periódicamente terían que informarnos das xestións realizadas e costes de esas xestións e  atender as observacións e novas directrices ou encargos que lle formulase a asamblea de cidadans. Poderían ser o equivalente a concellos.

Mais adiante daríamosnos conta de que quedan asuntos que non son posibles de realizar a nivel concello e que se precisa de unha federación de concellos ao que se lle traspasarían esas funcions (competencias) pero reservándose desde os concellos os poderes de autoridade sobre eses novos entes e mais a liberdade de poder abandonar esa federación. Poderían ser o equivalente ás autonomías. Unha vez realizadas as autonomías poderíase comprobar que algunhas das suas competencias poden ser mellor xestionadas se nos aliamos con outras federacions (autonomías) baixo os mesmos parámetros que se puxeron para a constitución das autonomías. E así igual para constituir a UE.

O resultado final, nada que ver co actual Estado Español, sería mais demócratico e participativo.

Con esto pretendemos deixar patente que un estado centralizado non responde realmente ás demandas democráticas e, de aspirar a un modelo mais participativo, hai que facer un proceso inverso de descentralización ata chegar ao modelo antes descrito.

Como descentralización equivale a maior democracia,  non se debe traspasar unha competencia a un nivel superior que poida ser atendida por un nivel inferior.

Así pois hai que facer unha descentralización político-administrativa do estado español de xeito que os poderes emanen de abaixo a arriba e, comezando polos concellos, se vaian cedendo competencias aos niveis superiores que non poidan ser atendidos adecuadamente polos inferiores. Evidentemente as competencias han de ser exclusivas para calquera nivel e non compartidas como ate o de agora.

Pos suposto tanto as competencias como as porcentaxes de financiación, sobre o recaudado, que lle corresponde a cada nivel deben quedar reflexados na constitución e estatutos das autonomías. En calquera caso, calquera modificación ao respecto debería ser autorizada polas autonomías e, de ser necesario, abriríase un debate nun órgano común, chámese conferencia de presidentes, senado territorial ou calquera órgano no que haxa representación das CCAA, como mínimo en igualdade de condicións co goberno central.

Para perfeccionar a participación do cidadán na vida política habería que introducir a posibilidade de consulta vinculante ou referendum por iniciativa popular para dous obxectivos concretos: revocacion de leis e revocación de gobernos sostidos por maiorias absolutas.

A tramitación de estes referendums tería que ser baixo a exixencia de unhas sinaturas mínimas de respaldo a esa iniciativa.

Xa na Constitución de 1931 aparecía a figura do Referendum Lexislativo, de iniciativa popular, que permitía modificar leis aprobadas polo Congreso. Para eso bastaba con que fose solicitado polo 15% do electorado.

Nas actuais Iniciativas de Lexislación Popular (ILP) o seu punto feble é que teñen que ser debatidos e aprobados polos parlamentos, onde a maioria gubernamental acaba rechazandoas por que non poden admitir unha derrota nin un cambio na estratexia, con todo o que eso significa.

A realidade é que dous partidos maioritarios poden modificar o que lle apetece, sen consultar co cidadán, e impedir reiteradamente calquera outra modificación por intereses partidistas.

Poderíase adoptar unha variante que consistira en que, se unha ILP sae derrotada nun parlamento pero acada o respaldo do 40% dos deputados, automáticamente se convoque un referendum de aprobación da iniciativa.

Este formato ademais trae un efecto secundario beneficioso que consiste en que a maioria gobernante coidase mais de non lexislar de espaldas ao cidadán ante o temor a ser derrotada por un referendum.

Calquera institución cuios membros son elixidos polos cidadáns debe ser soberano e responder únicamente ante os cidadans que os elixiron, salvo por suposto dos casos de imputaados pola xusticia.

Un concello ou un parlamento autonómico deben ser tan soberanos como o Congreso. Por enriba non debe haber ningún poder político e moito menos institucions non electas.

O Tribunal Constitucional é un organo de vixilancia do respeto ao espirito constitucional na toma de decisions e na aprobación de leis.

Os seus membros non son elexidos polos cidadáns e polo tanto non son seus representantes. Con tal motivo non poden facer funcions de executivo ou lexislativo.

Tal e como está hoxe cocebido acaba sendo un órgano partidario que amputa ou anula leis aprobadas polos distintos lexislativos, que no fondo actúa como a terceira cámara lexislativa, incluso con mais poder que o Senado.

O TC realiza principalmente duas funcions: verificación da constitucionalidade das leis aprobadas e arbitraxe entre administracions.

Os dous partidos maioritarios, polo seu potencial de voto, son os únicos que poden elixir membros do constitucional e tamén os únicos que poden formar goberno en Madrid. Por tal razón cando o goberno central recurre unha lei autonómica tén moita vantaxe frente a un goberno autonómico por que contan cos árbitros. Tendo en conta que no referente á descentralización ambos partidos son coincidentes, cada vez que unha lei autonómica parece modificar sustancialmente o panorama establecido, todo o TC actúa ao unísono.

Entón o TC non é órgano de garantías neutral. Polo tanto, en caso de conflicto as súas sentencias teñen moita carga partidaria. Para evitar ou atenuar esto, para facer o TC mais neutral, as CCAA deberían intervir na elección dos membros do TC.

Por outra parte nos asuntos que non son de arbitraxe entre administracións as suas sentencias deberían ser consideradas dictames que se remitisen ao lexislativo correspondente e obrigase a debater de novo a lei recurrida, tendo en conta eses informes.

A elección dos membros do TC tanto no que respecta as condicións para ser membro como a mecánica debe ser modificada para conseguir maior neutralidade. Por exemplo na constitución de 1931 había un representante por cada comunidade autónoma.

O sistema electoral foi pensado para evitar fragmentación paralamentaria. Entón, para este fin, faise un sistema que produce o efecto contrario, a concentración dos parlamentarios hacia os partidos mais votados. Tamén facilita a consecución de maiorias absolutas. Un partido pode acadar a maioría absoluta con un 44% do voto.

A lei D´hont favorece aos maioritarios e penaliza aos minoritarios. Tamén a circunscrpción electoral, canto mais pequena, mais agudiza ese efecto.

Por outra parte o voto por partido impide que o elector poida reapartir o seu voto en mais de un partido. En consecuencia mais concentración de voto. Ademais, con este formato, o elector sufre o efecto voto util que consiste en, ante a posibilidade de que a súa opción primeira non obteña o respaldo por él esperado, decida dar apoio a unha opción similar con mais posibilidades de triunfo. Todo esto fai que o voto e a representación se acabe concentrando en torno a dous partidos.

Nas eleccions xerais do 2008, entre os dous partidos, obtuveron o 84% dos votos e o 92% dos escaños.

Por outra parte este sistema tén outro efecto pernicioso que é a partitocracia. Ninguén pode sair elexido se non vai incluido nunha lista dun partido. Os partidos teñen a potestade de decidir quen vai incluido nunha lista. O elector non vota candidatos vota partidos.

Por todos estes motivos os candidatos pasan a ser irrelevantes frente aos partidos. Por esta razón se alguen quere ser candidatable tén que preocuparse mais de coidar as boas realacions a nivel interno de partido que da opinión que, con respecto a si, teñan os votantes. Cada vez teñen mais forza os denominados aparato do partido, nucleo duro dos máximos dirixentes. Consecuentemente os partidos xerarquizanse cada vez mais. A xente valiosa fuxe de estes tinglados, deixando paso a autenticos intrigantes, mercenarios sen escrúpulos e carentes dun futuro decoroso fóra dun partido político.

A democracia convertese en partitocracia bipartidista onde a soberanía popular é sustituida pola soberanía do estado, e dicir os poderes do estado, como na Pepa, a constitución de 1812. Retrocedemos 200 anos.

Esto produce desafección e como acto reflexo, e pouco reflexionado, alguns cidadáns claman pola reducción do número de cargos políticos e reducción das retribucions dos políticos. Craso erro.

A reducción do número de políticos produce o mesmo efecto que a reducción territorial da circunscripción electoral. Desaparición das minorias e da pluralidade.

En canto á remuneración da clase política dicir que a cuantía total ou parcial non representa unha carga importante para o contribuinte.

Di a vox populi que o político debe ser vocacional e polo tanto non debe profesionalizarse. Un bo médico, un bo advogado, teñen que selo por vocación pero non por eso van facer unha labor totalmente altruista.

A política require de xente con valía, que en moitos casos precisa de unha dedicación plena ou casi. Se non se lle proporciona unha remuneración adecuada podemos quedarnos con unha clase política de ineptos desocupados ou de ineptos que traten de conseguir recompensa por vias pouco éticas, con algun que outro competente e altruista.

Para atenuar os efectos perniciosos, dar a representación verdadeira a cada partido, favorecer a pluralidade política igualandoa a pluralidade social, potenciar ás persoas frente aos partidos e obrigar a que os cargos electos respondan ante os seus electores da xestión hai que introducir modificacions no sistema.

Primeiramente listas abertas. Non é fácil técnicamente e trae algún inconvinte para o elector como é ter que coñecer o curriculum dos candidatos. Non obstante paga a pena estudiar unha fórmula adecuada.

Ampliar a circunscripción ata a comunidade autónoma. Con esta amplitude, normalmente, os restos resultantes de aplicar a Lei D´hont non chegan a acadar o 3% mínimo exixido para entrar no Congreso e, polo tanto, non se penaliza aos minoritarios.

O entramado xudicial da dictadura somente daba contas ao réxime e non tiña que responder ante ningun outro poder. Habia xuzgados especiais para tratar asuntos de caracter político. Era unha estructura xerarquica centralizada, cos xuzgados de ultima instancia  en Madrid, como o resto da administración. Os xuices eran dun corte conservador en consonancia co réxime e coa abogacía. Salvo para asuntos políticos disfrutaban de unha alta autonomía para as sentencias e en bastantes casos aceptaban recomendacions de persoas coñecidas. Eso conferíalle un poder importante do que non desdeñaban tirar algun proveito.

Ese entramado pasou integro á democracia. Introduciuse algunha variante como crear os tribunais superiores autonómicos pero tal e como reza na constitución  El principio de unidad jurisdiccional es la base de la organización y funcionamiento de los Tribunales…., o cal implica unha continuidade do aparato centralizado da xusticia.

A forma de elexir os órganos que gobernan a xusticia, dalle unha importante dependencia do poder político e principalmente dos grupos maioritarios.

Evidentemente a xusticia é unha parte fundamental da democracia. Se a xusticia está intervida e non é igual para todos temos unha democracia tramposa.

Hai que descentralizala xusticia para rachar esa rede de protección dos privilexiados. Hai que mudar a forma de elección que ainda que teña o seu orixe nos representantes populares sexa obrigado a unha participación mais plural de todo o Congreso.

Por ultimo, non é suficiente con que o Estado se declare aconfesional, tamén ha de declararse laico e nas colaboracions coas distintas confesions non ha de haber prevalencia de ningunha nin sometemento do Estado a ningunha de elas.

A constitución de 1931 declaraba o Estado aconfesional pero engadía que o Ensino tiña que ser laico.