Fundamentos Democráticos

A función do político debe ser únicamente a de representar ao ciudadán pero non sustituilo.

O exercicio da función política hase de entender como delegación de xestión do cidadán aos outros poderes, pero non como cesión de eses poderes.

Por eso o cidadán ha de poder transmitir aos representantes, de xeito contínuo, a sua forma de pensar, sen intermediarios.

Ainda que históricamente, a orixe dos estados ou nacións procede dunha unión forzada por conquistas e pactos entre monarquias absolutistas, sen intervención da plebe, hoxendia eses estados evolucionaron hacia democracias que recoñecen que a soberania reside no pobo e que polo tanto o poder de decisión é unha potestade de todos, tanto colectiva como individualmente.

Así pois, un estado democrático ha de ser consecuencia da libre e voluntaria unión de individuos co a fin de constituir unhas estructuras  de rango superior encamiñadas a poder acometer empresas e atender asuntos que non lle son posibles de xeito individual.

Neste caso o estado ven a ser o equivalente a unha sociedade mercantil con un funcionamento semellante a unha cooperativa.

Para a consecución das finalidades da sociedade, cando a cantidade de socios e moi numerosa, elixense representanes que son contratados por períodos de catro anos, e que constituen o consello de administración. Os partidos políticos que son o equivalente a empresas de servizos que fan ofertas de servizo con persoal propio.

Correspondelle aos socios establecer as finalidades da sociedade, a forma en que se administra (constitución) e exercer o control periódico do consello de administración.

No caso do estado español, estaría a funcionar como unha agrupación de cooperativas territoriais (comunidades autónomas, concellos) con autonomía propia en determinados asuntos.

Do mesmo xeito que ocurre noutro tipo de cooperativas, os principios básicos acaban desvirtuandose principalmente no que afecta a quen lle corresponde tomar as decisións, que son os propietarios.

Pero os representantes acabanse constituindo nunha casta burocrática, similar ao politburó dos sistemas comunistas, que polo poder que detentan paulatinamente vanse impoñendo á masa desorganizada dos socios para rematar por manexar de xeito arbitrario ese poder e de facto funcionar como únicos propietarios e os socios pasar a ser simples usuarios da sociedade cooperativa.

Así chegamos á situación actual, onde os verdadeiros propietarios, os cidadáns, teñen a obriga de facer aportacións económicas periódicas pero son as castas políticas as que teñen o poder de decisión en exclusiva. Ao cidadadán únicamente lle queda a potestade de elexir aos representantes, cada catro anos pero sen intervir nas decisions.

 A clase política trata de blindarse establecendo redes de beneficiarios entre os propios socios a cambio do seu apoio para que volvan a ser elegidos e voltar a formar parte do consello de administración.

Esto ademais leva parello que se conformen redes de corrupción entre socios beneficiados e representantes.

Esta é a situación que hai que reverter para voltar aos fundamentos da democracia.

1.     A democracia e unha sociedade cooperativa formada por cidadáns que son os propietarios de esa sociedade. Nengún outro poder, nin legislación, pode estar por riba do conxunto dos cidadáns.

2        Cando, por razons de funcionamento, hai que elixir representantes tanto para a realización de trámites como para formar un consello de administración (Parlamento), ainda que estes teñan que ser elexidos entre os propios socios cooperativistas, tales representantes non deixan de ser simples xornaleiros asalariados.

3        En consecuencia, o poder de decisión é potestade dos propietarios e ningun representantante pode tomar decisións contrarias á opinión maioritaria dos socios e moito menos discutirlle a estes a sua opinión. Cando o representante tén dubidas sobre a opinión dos propietarios ou tomou algunha decisión que e contestada polos socios, é obriga de este facer unha consulta (democracia directa) para coñecer a opinión da maioria dos socios. Tamén tén a obriga de tentar compaginar, o mellor posible, os intereses das minorias cos da maioria.

4        Entre o representate e os socios existe unha mera relación laboral. Lóxicamente os socios deciden a quen contratan e queda estipulado que o contrato é por un período (lexislatura). O que non é tan lóxico é que ese contrato non poida ser rescindido, no caso de que os socios estean disconformes co a xestión dos representantes, antes da sua finalización  ou que o decidan os representantes pola sua conta. Por eso precisase introducir unha modificación nos contratos que permitan o despido (reprobación), no caso de disconformidade maioritaria dos socios co a xestión.

5         Na delegación de xestión, do cidadán aos seus representantes, hase de ter en conta o factor de proximidade. O que se poida facer nun concello no se traspasará á Xunta de Galicia, o que se poida facer en Santiago non se delegará en Madrid e aquello que se poida resolver en Madrid non se pasará a Bruxelas.

6        Por esta razón ha de haber ámbitos territoriais de poder de decisión e Galicia ha de ser un de eses ámbitos. A definición das cotas do poder de decisión galego, cando menos, deber ser plenamente aceptado pola maioria da cidadanía galega.

7        Este cooperativa, así definida, debe funcionar a través de catro poderes:

·        Executivo

·        Lexislativo

·        Xudicial

·        Cidadán. Coñecido como soberanía popular, formado por todolos socios.

Executivo e lexislativo formado por representantes para lexislar.

Xudicial encargado de aplicar a lexislación. Independente do poder político pero responsable ante o poder cidadán.

 

Dereitos dos cidadans, compromisos colectivos

Ainda que as democracias funcionan por maiorias, ha de existir un respeto polas minorías.

Tén que haber uns dereitos recoñecidos que han de ser indiscutibles e irrenunciables ainda que únicamente afecten a minorías.

O colectivo dos cidadans ha de garantir uns mínimos para todos que, unha vez formulados, non poden ser discutidos polos mecanismos clásicos de maiorías contra minorías.

Estes mínimos poden ser:

-       Dereito a sanidade, educación e xusticia gratuitas.

-       Dereito a traballo, vivenda e subsistencia.

-       Dereito das persoas á vida e a non ser mancilladas, asoballadas ou maltratadas.

-       Dereito á discrepancia e a participar na toma de decisións.

-       Obriga de protexer aos indefensos, aos mais débiles.

-       Obriga de control de aqueles poderes que, por non ser políticos nen xudiciais,  non dependen do cidadán pero que teñen unha grande influencia sobre as suas vidas.

-       Estableceranse impostos para cumplir co pricipio de redistribución da riqueza e mais de contar cos fondos precisos para poder cumplir cos dereitos que conleven un gasto económico, procurando que as contribucións estean en función proporcional á riqueza dos individuos.

-       Tamén se procurará que haxa un equilibrio interterritorial en forma de solidaridade acordada e consensuada entre os distintos entes territoriais.

As institucións políticas garantirán que se cumplan estes dereitos e obrigas.

Organización político administrativa.

Unha das prioridades é modificar os postulados da Transición. Abrir un período constituinte e confeccionar unha nova Constitución mais acorde cos novos tempos, que teña como meta unha democracia real ao servicio do todos.

-       Todos os poderes han de emanar do pobo. Os poderes políticos han de ser todos electos e civis. O poder xudicial ha de ser independente do político pero artellarase un mecanismo que posibilite o seu control por parte dos cidadáns.

-       Recoñecemento en todolos aspectos dun estado plurinacional, sobre todo no que respecta ás comunidades históricas. O modelo de organización territorial tén que aproximarse a unha confederación. As competencias compartidas co goberno central teñen que pasar a ser exclusivas das comunidades. A maiores, o poder  central tén que ceder as autonomías competencias en materias nas que estas estean capacitadas para administrar de forma solvente. Por exemplo, en Galicia, o parlamento e goberno deberían ter competencias mais amplias no referente ao aproveitamento de recursos naturais como pode ser a producción enerxética. O finanzamento das autonomías debe ser suficiente para os seus cometidos, e non depender de decisións do goberno central. O finanzamento debe ser polo reparto de todolos impostos, de forma proporcional aos servizos prestados, entre as administracións local, autonómica e estatal, completado con unha axuda do fondo interterritorial nunha porcentaxe limitada. Hai que instituir un órgano territorial que asuma o debate e aprobación dos asuntos que afectan ás autonomías.

-       Supresión de entes arcaicos que xa non son imprescindibles por que non cumplen ningun cometido que non poida ser resolto polos entes locais ou autonomías, como son as Deputacións. As deputacións son un residuo nostálxico do centralismo que se utiliza en grande medida como elemento recadador de voto por clientelismo.

-       Reforma electoral para que os parlamentos sean mais un reflexo da pluralidade social e impidan a acumulación de poderes.