Exposición de fundamentos

A crise económica e os escándalos políticos, puxeron en evidencia as deficiencias e carencias do sistema político español. O cidadán comeza a pensar que non é suficiente con elixir representantes e que, para que haxa unha democracia real, tamén teñen que participar máis activamente nos procesos de toma de decisións, entre períodos electorais.

Consideran que os políticos teñen comportamentos autistas, desconectados da sociedade e que iso ten como unha das principais causas a insuficiente democracia interna dos partidos.

E non lles falta razón. Nos modelos clásicos os partidos están gobernados por élites que os usufrutuan coma se foran propietarios, onde o ascenso non está en función de méritos políticos, senón de contubernios e alianzas internas, e onde á maioria da militancia lle corresponde a función de palmeiro.

Entendemos que os estatutos dunha organización política deben responder a tres principios básicos:

a)     Democracia

b)     Participación

c)     Eficacia

Non é posible unha auténtica democracia se os peares non son democráticos.

Para que a democracia sexa efectiva, a estrutura debe facilitar, e mesmo incentivar, a participación da militancia tanto na toma de decisións como na elaboración de propostas.

Baixo estas premisas é que se propón é a confección duns estatutos que tenten dar un maior protagonismo e participación á base social e militancia de Coalición Galega.

O fin último dun partido político debe ser conseguir que se leven a cabo a maior parte posible das súas propostas políticas. Iso só pode ser posible tendo poder institucional. Para iso é nacesario primeiro convencer á cidadanía da bondade dos nosos postulados e unha vez acadada a representación velar por que os representantes non queden desconectados da militancia de base nin da cidadania.

Hai que conformar un partido que a nivel organizativo fuxa dos erros do pasado e tamén se teñan en conta as novas demandas sociais dunha democracia máis participativa.

Hase de procurar un partido o mais horizontal posible, restando protagonismo aos órgaos de goberno en favor da militancia.

Facer descansar as decisions sobre a base e que os órganos de representación reducida sexan únicamente de coordenacion e goberno.

Hai que potenciar mais aos individuos frente aos colectivos cando se trate de facer propostas ou toma de decisions.

Unha breve sintese de cales son as razóns que levan a propor as seguintes liñas básicas para a confección dos estatutos.

1. O organigrama interno debe ser para que cumpra axeitadamente coas funcions de estruturar o partido e darlle protagonismo a quen lle corresponde.

a)     Os órgaos de representación e xestión poden ser:

Órgaos de nivel Nacional:

-        Asemblea Nacional

-        Coordenadora Nacional

-        Consello de Garantias

-        Consello de Contas

 

Estes órgaos son de constitución obrigada

Órgaos territoriais

-        Asembleas e coordenadoras municipais

-        Asembleas e coordenadoras comarcais

-        Asembleas e coordenadoras provinciais

Estes órgaos unicamente serán de constitución obrigada cando haxa que confeccionar listas ou existan cargos electos tanto a nivel interno como institucional no territorio que sexa da súa competencia.

Os distintos órganos terán autonomía plena naqueles asuntos que afecten exclusivamente aos territorios que representan.

b)     O control e fiscalización do partido ha de ser totalmente transparente e non pode depender exclusivamente de ningún outro órgao e moito menos dunha persoa.

Contarase cun Consello de Contas e un Consello de Garantías totalmente independentes dos órgaos de partido.

O poder non precisa de protección porque conta con mecanismos máis que suficientes para protexerse a si mesmo e os procesos internos. Pola contra a militancia de base non conta cos mecanismos de protección ante abusos de poder. O Consello de Garantias dos partidos debe estar concebido para protexer á militancia dos abusos do poder interno.

c)     En coherencia coa filosofia de que o poder debe emanar do militante hase de definir as asembleas como órgaos de mando e decisión e as coordenadoras como órganos de coordenación e goberno.

Seguindo co a mesma coherencia os órganos hanse de constituir partindo dos territorialmente inferiores cara arriba.

          d) Proponse a non obrigatoriedade de constitución de órgaos, ainda que exista militancia, agás os órgaos nacionais e aqueles onde sexa preciso elixir candidatos ou haxa cargos institucionais electos, quedando o resto á vontade dos militantes afectados.

2. En canto á fiscalización dos órganos do partido hai que arbitrar fórmulas que permitan aos militantes reprobar un órgao de goberno ou á persoa que presida un órgao.

3. Por último, dado que os tempos mudan e existen novas tecnoloxias que nos facilitan a labor de comunicación, permeténdonos que algunhas labouras do día a día do partido, nas que non é imprescindible facer acto de presencia en xuntanzas, se poidan resolver vía comunicación informática, presento unha proposta de presentación de ponencias e emendas, de carácter político e organizativo, para o posterior debate e aprobación pola asemblea correspondente. Isto ademais, tamén facilita o contacto dos militantes co resto do partido, incluido os órgaos de goberno, o cal elimina a sensación de illamento.