Estatutos CG

TÍTULO I. DENOMINACIÓN, FINS, LÍNGUA E DOMICÍLIO

Artigo 1º. -      Coalición Galega mantense nos obxectivos expostos no seu Congreso fundacional.
Artigo 2º. -      O fin esencial de CG é contribuir democraticamente para a autodeterminación da política galega promovendo a participación activa da cidadania nas institucions políticas, concorrendo nos diversos procesos electorais e divulgando as súas propostas.
Artigo 3º. -      Son fins específicos de CG:
a)     Favorecer o desenvolvemento das institucións políticas galegas para o exercicio democrático da cidadania;
b)     Fomentar a democracia directa e instrumentos políticos participativos como sistema para a realización dunha cidadanía activa;
c)     Promover o benestar social e unha elevada calidade de vida, impulsando políticas de que favorezan a sustentabilidade ecolóxica e autonomía enerxética e alimentaria.
d)     Defender a autonomía económica das persoas e das familias, facilitando o acceso universal aos servizos básicos e ao traballo.
e)     Acadar unha relación fluída de Galicia co ámbito lusófono e atlántico.
Artigo 4º. -      A língua de traballo de CG é, efectos externos, a galega. A efectos internos para aqueles militantes que non se manexen axetadamente na lingua galega, poderanse admitir propostas no seu idioma habitual que logo serán traducidas ao galego no caso de que pasen a formar parte do ideario de CG.
Artigo 5º. -      Coalición Galega garante a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na toma de decisións e órgaos internos así como nas súas candidaturas electorais.
Artigo 6º. -      Colaición Galega ten a súa sede social en Ourense, Avda da Habana n.º 57, O Consello Nacional poderá alterar a sua sede social, enderezo e símbolos.

TÍTULO II. MEMBROS ADERENTES,  OS SEUS DIREITOS E DEBERES

Artigo 7º. -      Poderán afiliarse a CG as persoas físicas con máis de 16 anos de idade que non teñan limitacións ou restricións na súa capacidade de obrar. As persoas cidadás de outros países poderán afiliarse cando a lexislación o permita. As solicitudes de afiliación serán cursadas por escrito, ou medios telemáticos (incluida a páxina web do partido), ao Consello Nacional que resolverá sobre a admisión incorporándoa ao Libro de Rexistro de Afiliados, onde irán constar os datos sobre altas e baixas definitivas. Dende o momento en que se fai a solicitude, debidamente acreditada, xa se adquire a condición de Aderente, que pode ser revocada únicamente polo Consello Nacional nun prazo máximo de 30 días.
Artigo 8º. -      A condición de membro de CG ten como prerrequisitos:
a)     A aceptación dos principios programáticos do partido;
b)     A observancia do ordenamento estatutario;
c)     Non militar en ningún outro partido político,
d)     Non estar incurso ou inmerso en actividades punibles ou de descrédito social.
Artigo 9º. -      A condición de membro implica os seguintes direitos:
a)     Participar na vida política e nas actividades organizadas polo partido en todos os niveis;
b)     Contribuír para o esforzo partidario e para a realización de metas programadas;
c)     Desenvolver, no ámbito das posibilidades persoais, unha actividade continua dedicada a acadar os obxectivos do partido, procurando divulgalos a través de actividades concretas
d)     Participar activamente nos procesos electorais e reunións de traballo;
e)     Participar nas Asembleas do partido na forma prevista pola súa regulamentación;
f)       Exercer o direito de elixir e ser electo para órganos internos e candidaturas electorais;
g)     Solicitar e recibir información sobre a actividade e situación do partido así como sobre as decisións e composición dos órgaos de dirección;
h)     Impugnar os acordos dos órganos do partido que fosen considerados contrarios á Lei ou aos presentes Estatutos.
Artigo 10º. - A condición de membro implica as seguintes obrigacions:
a)     Respectar as leis, e os acordos validamente adotados polos órgaos do partido;
b)     Manter conduta ética na acción política así como sixilo e discrección, cando sexan requeridos;
c)     Pagar cota e outras contribucións establecidas estatutariamente.
Artigo 11º. - Perderase a condición de membro en calquera das seguintes situacións:
d)     Vontade propia comunicada por escrito á Coordenadora Nacional, Comarcal ou Municipal.
e)     Como resultado dun proceso disciplinario, conforme ás normas estatutarias;
f)       Falta de pagamento das cotas.
Artigo 12º. - CG poderá promover outras formas de engaxamento e participación no partido a través da figura de simpatizante, comprometida coa proxección do partido na sociedade en xeral.

TÍTULO III. DO REGIME DISCIPLINAR

Artigo 13º. - As infraccións son clasificadas en: moi graves, graves e leves, podendo ser punibles segundo os procedementos previstos neste título. A escolla da sanción e da graduación corresponde ao Corpo competente para resolver o proceso disciplinario.
Artigo 14º. - Serán consideradas infraccións graves:
a)     A violación das obrigas impostas polas leis e estatutos, regulamentos e resolucións dos órgaos do partido;
b)     A contradicción pública e explícita cos principios e propósitos do partido ou o envolvemento en actividades que poidan desestabilizar ou fragmentar o partido;
c)     A práctica de calquera conduta que constitua unha infracción penal cando a súa natureza poida causar danos aos intereses dos cidadáns ou à valoración pública do partido;
d)     O aproveitamento da condición de membro ou cargo electo para a consecución de intereses persoais, sexan os medios utilizados lícitos ou ilícitos;
e)     A adhesión expresa ou ingreso efectivo en movimentos ou entidades con fins ou intereses contrários ás políticas e programas defendidos polo partido;
f)       A divulgación ou realización de declaracions públicas sobre materias reservadas;

2 - Serán consideradas infraccións leves:

a)     A non asistencia reiterada e non xustificada às reunions de órgaos do partido diferentes da asemblea xeral;
b)     A falta de respecto con outros membros do partido, así como a descalificación pública dos membros dos seus órgaos e das decisións por eles tomadas.
c)     A perturbación da orde nas reunións dos órgaos do partido.
Artigo 15º. - 1 - As infraccións tipificadas como graves poden resultar na imposición das seguintes sancions:
a)     A suspensión temporal, total ou parcial, dos direitos de militancia;
b)     A sanción de demisión dos órgaos para os cales fora electo;
c)     Expulsión do partido. A expulsión do partido leva á descalificación de se tratar dun candidato a cargos electivos durante período electoral.

Por tratarse de infraccións que afectan ao total do partido os expedientes serán iniciados e resoltos polos órgaos nacionais.

O expediente iniciarao a CN e a resolución será tomada pola Asemblea Nacional.

En caso de urxencia a CN poderá tomar medidas cautelares até que se celebre a AN

2. As infraccions tipificadas como leves poden resultar na imposición das seguintes sancións:
a)     Destitución dos órgaos para os cales tivera sido electo;
b)     Suspensión temporal, total ou parcial, dos direitos de militancia.
c)     Advertencia ou reprensión verbal, ou comunicación por escrito á persoa infractora;
d)     d) Expulsión da reunión do órgano do partido en que foi cometida a falta.

Por tratarse de infraccións que afectan ao funcionamento de órganos territoriais

os expedientes correrán a cargo dos órganos afectados.

Igualmente que no caso de infraccións graves o expediente iníciao a Coordenadora correspondente e resolve a sanción a Asemblea correspondente.

Tamén en caso de urxencia a Coordenadora poderá tomar medidas cautelares

até a celebración da Asemblea.

Artigo 16º. -      Compete ao Consello de Garantías velar por que os procesos internos do partido sexan escrupulosamente rigurosos co establecido por estes estatutos protexendo tanto aos órgaos como aos militantes de abusos, irregularidades e comportamentos antidemocráticos.
Por defecto non se poderán invalidar nin impugnar os acordos de asembleas, agás que sexa probado que as irregularidades cometidas influíran no resultado final da resolución adoptada.
Nembargantes, isto non exime de que, de darse algunha irregularidade no funcionamento dun órgao, se exixan as responsabilidades a que houbera lugar. En principio, serán responsables por isto os membros das coordenadoras correspondentes. Quedarán exentos de responsabilidade aqueles membros que efectuaren voto particular de advertencia e/ou contrario á infracción.
O proceso sancionador debe atender ao seguinte procedemento:

a)     O Consello de garantías poderá actuar de oficio ou por comunicación de órgao, membros de órgaos ou militantes.

b)     Unha vez coñecida a suposta infracción, o CdeG, recabará a información necesaria das partes implicadas e iniciará expediente que se concluirá co correspondente informe de conclusións.

c)      Se as conclusións indican claramente comportamentos irregulares de órgaos non asambleares o CdeG poderá acordar, en función das culpabilidades observadas, suspender temporalmente aos órganos ou aos membros infractores. Ditas sancións deberán ser ratificadas pola AN.

d)     Mentres tanto, o baleiro de membros producido no órgao sancionado, será cuberto polo procedemento estipulado nestes estatutos para o nomeamento de membros de dito órgao.

e)     Para o caso de que o infractor non pertenza a ningún órgao coordenador, procederase igualmente que no apartado anterior coa salvedade de que o órgao encarregado da ratificación das conclusións do CdeG, ha de ser asemblea correspondente ao órgao no que se cometera a infracción.

f)        As partes implicadas no expediente teñen direito a comparecer ante o Consello de Garantias para ser oídas dentro dos trinta dias seguintes à comunicación das infraccións que se lle imputam;

g)      O recurso das sanciÓns disciplinares debe ser cursado no prazo de trinta días após a sua comunicación à persoa procesada. Contra as decisión disciplinares do Consello de Garantias cabe recurso a ser presentado ante a próxima Asemblea Nacional.

TÍTULO IV. DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E XESTIÓN

Artigo 17º. -      Partindo do principio de que un representante, tanto institucional como a nivel interno de partido, debe representar e non sustituír ao representado, é polo que deben ser as respectivas asambleas as que debatan e tomen decisións e criar outros órgaos coa única misión de gobernar e coordenar, denominados coordenadoras, que poden ser unipersoais ou colexiadas.

CG ríxese por uma estrutura e funcionamento democráticos, reflectidos nos seus órgaos internos, conformados por:

a)     A Asemblea Nacional;

b)     A Coordenadora Nacional

c)      O Consello de Garantías;

d)     O Consello de Contas.

Facultativamente poderán existir tamén:

e)     Asembleas Municipais

f)        As Asembleas Comarcais.

g)     Asembleas Intercomarcais

Non se poderán confeccionar listas electorais se non está constituido o órgano competente.

Nas circunscricións onde haxa cargos electos será obrigatorio constituir o órgao territorial correspondente.

A Asemblea Nacional

Artigo 18º. -      A Asemblea Nacional está integrada polo conxunto de membros do partido, constituíndose como órgao supremo de decisión. Son atribucións da Asemblea Nacional:

a)     Escoller os membros permanentes do Coordenadora Nacional e refrendar anualmente a sua actuación, e en particular a xestión económica.

Tamén poderá reprobar á totalidade dos seus membros ou ao seu Presidente. No caso de que saíra afirmativa a reprobación, no prazo máximo dun mes, convocarase ao órgao competente para que se elixan os sustitutos.

Para que se poida someter a debate e votación a reprobación esta ten que ser solicitada como mínimo por:

-        Un terzo da militancia ou dos membros da Cordenadora Nacional.

-        Un terzo dos órgaos territoriais ou un órgao provincial

b)     Escoller os membros do Consello de Garantías e do Consello de Contas.

c)      Definir os principios programáticos do partido.

d)     Reformar os presentes estatutos.

e)     Redactar e aprobar o seu regulamento;

f)        Elixir os candidatos a eleccions con circunscrición superior á provincia.

g)     Resolver en última instancia os procesos disciplinares de asuntos de ámbito nacional;

h)      Aprobar a creación ou a integración en Federacións ou Confederacións departidos.

Reunirase, con caráter ordinário, polo menos unha vez por ano así como cando

a convoca, con carácter extraordinario, a Coordenadora Nacional ou un terzo dos membros do partido, en petición a este último. A convocatoria, incluíndo lugar, data, hora e orde do día, debe ser cursada polo Secretario Xeral co visto e prace do Presidente da Coordenadora Nacional(CN), con trinta dias de antelación.

A Coordenadora Nacional

Artigo 19º. -      A Coordenadora Nacional é o máximo órgano de goberno e coordenación do partido entre Asembleas Nacionais (AN), exercendo a representación legal do mesmo, a través do seu Secretario Xeral. Son atribucións do Consello Executivo:

a)     Convocar as Asembleas Nacionais ordinarias e extraordinarias;

b)     Implementar os principios programáticos definidos pola AN, elaborando propostas de actuación específicas, programas electorais e plans de campañas;

c)      Propor á AN os regulamentos que desenvolvan os estatutos;

d)     A definición do programa electoral para eleccions a Galicia e superiores.

e)     Propor á AN candidatos a elecions con circunscrición superior á provincia.

f)        Nomear de entre os distintos candidatos as eleccions de Galicia e superiores, ao candidato á Presidencia do Goberno que teña que sair das eleccións

g)     Coordenar a xestión económica e patrimonial, xerindo os activos;

h)      Elaborar os orzamentos anuais e os informes de contas do exercício anterior, que deberán someter ao Consello de Contas, previamente à sua aprobación pola Asemblea Nacional

i)        Marcar os pareceres do partido em relación coa actualidade política;

j)        Propor á AN coalicións electorais,. Poderá promover a creación ou adhesión a Federacións ou Confederacións de partidos

k)      Aprobar coalicións de goberno ou a adhesión de cargos electos doutras formacions políticas, exclusivamente no ámbito nacional.

Reunirase, como mínimo, unha vez por semestre e cantas veces se estime necesario, sendo convocado polo Secretario Xeral, por petición do Presidente ou dun terzo dos seus membros, nos sete días seguintes á recepción da solicitude.

Artigo 20º. -      Son membros permanentes da CN o Presidente, o Vicepresidente, o Secretario Xeral, o Vicesecretario, e até doce Vogais con responsabilidade sobre áreas específicas, electos pola Asemblea Nacional para un período de dous anos. Son membros non permanentes do Coordenadora Nacional, con voz mais sen voto, os portavoces dos grupos parlamentares, e membros do goberno galego que sexan membros do partido.
Artigo 21º. -      O Presidente é o representante político do partido, debendo velar polo cumprimento dos Estatutos, principios programáticos e outros acordos validamente adotados polos órganos do partido. Presidirá a Asemblea Nacional. Na súa ausencia, será substituído polo Vicepresidente.
Artigo 22º. -                  O Secretario Xeral é o representante legal do partido, correspondéndolle intervir en actos xudiciais e extraxudiciais, podendo conferir poderes e debendo velar pola administración do partido e a custodia da súa documentación, incluíndo as actas do Coordenadora Nacional, que debe asinar.

Actuará como secretario nas asembleas nacionais e nas reunións do Coordenadora Nacional. Na súa ausencia, será substituído polo Vicesecretario.

Do Consello de Garantías

Artigo 23º. -                  O Consello de Garantias ten a responsabilidade de velar polo cumprimento dos estatutos en todas as esferas do partido, gozando de liberdade, autoridade e independencia para a resolución de conflitos de competencia e a tramitación de expedientes disciplinares. Poden aínda apelar ao amparo do Consello de Garantias os membros ou órgaos que viran vulnerados os seus direitos estatutarios ou observen infraccións.

O consello de Garantías terá no seu poder o listado completo de militantes, así como das incidencias de altas e baixas que se produzan que han de ser facilitadas pola Cordenadora Nacional. No caso de discrepancia, unicamente terán a condicion de militantes, cos correspondentes dereitos, aqueles que figuren no listado do Consello de Garantías.

Estará composto por catro persoas elexidas pola Asemblea Nacional, respondendo apenas ante esta. A pertenza ao Consello é incompatible con calquera outra responsabilidade orgánica.

O Consello de Contas

Artigo 24º. -      O Consello de Contas é o órgao fiscalizador interno que garante o control e supervisión da contabilidade, o bo uso dos medios económicos e patrimoniais e a legalidade estatutaria dos actos con contido económico que adopten os distintos órgaos do partido.

A este efecto a Coordenadora Nacional remitirá periodicamente a este Consello o estado de contas do partido.

Estará composto por catro persoas elixidas pola Asemblea Nacional, respondendo apenas ante esta.

A Coordenadora Nacional presentará anualmente co visto do Consello de Contas os informes económico-financeiros e as contas do exercício anterior.

As Asembleas Comarcais

Artigo 25º. -      As Asembleas Comarcais están integradas polo conxunto de membros do partido residentes nunha determinada comarca, precisando dun mínimo de once para que o seu establecemento sexa aprobado pola Cordenadora Nacional. Son atribucións das Asembleas Comarcais:

a)     Elixir a Coordenadora Comarcal e refrendar a súa actuación.

Tamén poderán reprobar á totalidade da Coordenadora Comarcal ou ao seu presidente. Para que se someta a debate e votación a reprobación ten que ser solicitada, como mínimo, por:

- Un terzo da militancia comarcal ou dos membros da Cordenadora Comarcal.

- Un terzo dos órgaos territoriais da comarca.

No caso de resultado afirmativo da reprobación convocarase, no prazo máximo dun mes, ao órgao competente para elixir aos sustitutos.

b)     Designar os candidatos para as eleccions a órgaos comarcais e Deputados provinciais.

c)      Propor candidatos a eleccions de circunscrición provincial

d)     Aprobar programas e propostas específicas do seu ámbito.

Reuniranse, con carácter ordinário, polo menos unha vez por ano, así como cando foran convocadas a proposta dos seus Coordenadores, ou un terzo dos seus membros, en escrito enviado ao Presidente, que debe cursar convocatoria

nos trinta dias seguintes á recepción da solicitude. A convocatoria, incluíndo lugar, data, hora e orde do día, debe ser enviada con sete dias de antelación como mínimo.

As Coordenadoras Comarcais

Artigo 26º. -                  As Coordenadoras Comarcais son responsables pola coordenación das actividades do partido no ámbito das comarcas. Estarán compostas por un Coordenador e un mínimo dun vogal por cada concello máis un número de vogais adicionais aos concellos con maior militancia, proporcional ao total da militancia da comarca.

Estarán encargadas de propor á Asemblea Comarcal:

a)     Programas e propostas específicas propias ou de outros órgaos ou militantes do seu âmbito territorial.

b)     Listado de candidatos a deputado provicial para a aprobación na Asemblea.

Poderán ter adscritas responsabilidades específicas, e serán electos pola Asemblea Comarcal para un período de dous anos.

Reunirase, como mínimo, unha vez por ano e cantas veces se estimara, sendo

convocada polo Coordenador, pola súa propia iniciativa, ou por petición dun terzo dos seus membros, nos sete dias seguintes á recepción da solicitude.

As Asembleas Intercomarcais

Artigo 27º. -      As Asembleas Intercomarcais son concebidas principalmente para cubrir a ausencia de órgaos de decisión nas circunscripcions electorais de rango provincial. Non obstante tamén se poden constituír con rango territorial diferente.

No caso de Intercomarcais de teritorio inferior á provincia poden estar integradas polo conxunto de membros do partido residentes nese territorio, precisando dun mínimo de once para que o seu establecemento sexa aprobado polas Cordenadoras Comarcais integradas.

No caso de Asembleas Intercomarcais Provinciais haberá, como mínimo, unrepresentante por concello pertencente a dita Intercomarcal.

Son atribucions das Asembleas Intercomarcais:

a)     Elixir a Coordenadora Intercomarcal e refrendar a súa actuación;

b)     Debater e aprobar asuntos específicos dos territorios integrados.

Ademais para as Intercomarcais provinciais:

c)      Elixir aos candidatos de eleccións en que a circunscrición electoral sexa a provincia.

d)     Aprobar programas e propostas específicas do seu ámbito.

e)     Aprobar colalicións de goberno ou a adhesión de cargos electos doutras formacions políticas no ámbito das Deputacions Provinciais

Reunirase, con carácter ordinario, polo menos unha vez por ano, así como cando foran convocadas polas Coordenadoras correspondentes a proposta dos seus Coordenadores, ou un terzo dos seus membros, en escrito enviado ao Coordenador, que debe cursar convocatoria nos trinta dias seguintes á recepción da solicitude.

As Coordenadoras Intercomarcais

Artigo 28º. -      As Coordenadoras Intercomarcais son órgaos de coordinación das actividades do partido específicas do seu ámbito territorial e mais das que formen parte das competencias da sua Asemblea Intercomarcal. Estarán compostos por un Coordenador e un mínimo dun vogal por cada comarca.

Se as Coordenadoras Comarcais integradas o consideran oportuno, a mais un número de vogais adicionais ás comarcas con maior militancia, proporcional ao

total da militancia da intercomarcal.

Estarán encargadas de propor á Asemblea Comarcal programas e propostas específicas propias ou de outros órganos ou militantes do seu ámbito territorial.

Poderán ter adscritas responsabilidades específicas, e os seus membros serán

electos pola Asemblea Intercomarcal para un período de dous anos.

Reunirase, como mínimo, unha vez por ano e cantas veces se estimara, sendo

convocada polo Coordenador, pola súa propia iniciativa, ou por petición dun terzo dos seus membros, nos sete dias seguintes á recepción da solicitude.

As Asembleas Municipais

Artigo 29º. -      As Asembleas Municipais serán integradas polo conxunto de membros do partido residentes nese territorio.

Haberá, como mínimo, un representante por cada parroquia pertencente a dito concello.

Son atribucións das Asembleas Municipais:

a)     Elixir a Coordenadora Municipal e refrendar a sua actuación.

b)     Tamén poderán reprobar á totalidade da Coordenadora Municipal ou ao seu presidente. Para que se someta a debata e votación a reprobación ten que ser solicitada, como mínimo, por un tercio da militancia do municipio ou dos membros da Cordenadora Municipal.

No caso de resultado afirmativo da reprobación convocarase, no prazo máximo dun mes, ao órgao competente para elixir aos sustitutos.

c)      Debater e aprobar asuntos específicos dos territorios integrados.

d)     Aprobar programas e propostas específicas do seu ámbito.

e)     Aprobar coalicións de goberno ou a adhesión de cargos electos doutras formacións políticas no ámbito municipal.

f)        Elixir os candidatos ás convocatorias municipais

Reunirase, com caráter ordinário, polo menos unha vez por ano así como cando foran convocadas a proposta dos seus Coordenadores, ou un terzo dos seus membros, en escrito enviado ao Coordenador, que debe cursar convocatoria nos trinta dias seguintes á recepción da solicitude.

As Coordenadoras Municipais

Artigo 30º. -                  As Coordenadoras Municipais son órgaos de coordenación das actividades do partido específicas do seu ámbito territorial e as que formen parte das competencias da sua Asemblea Municipal. Estarán compostas por un Coordenador e un mínimo dun vogal por cada parroquia. Se a Asemblea Municipal o considera oportuno, mais un número de vogais adicionais ás paroquias con maior militancia, proporcional ao total da militancia do concello.

Estarán encargadas de:

a)     Propor á Asemblea Municipal programas e propostas específicas propias ou doutros órgaos ou militantes do seu ámbito territorial.

b)     Propor coalicións de goberno ou a adhesión de cargos electos doutras formacións políticas no ámbito dos municipios.

Poderán ter adscritas responsabilidades específicas, e serán electos pola Asemblea Municipal para un período de dous anos.

Reunirase, como mínimo, unha vez por ano e cantas veces se estimara, sendo convocada polo Coordenador, pola súa própria iniciativa, ou por petición dun terzo dos seus membros, nos sete dias seguintes á recepción da solicitude.

Artigo 31º. -      As persoas integrantes das diferentes Coordenadoras, responsables pola convocatoria das sesións dun órgao, deben preparar a súa orde do dia, podendo incluír as cuestións propostas por outros órgaos ou militantes.

Os órgaos poderán deliberar unicamente sobre temas relacionados na orde de traballos da convocatória. Non obstante, a proposta de polo menos un cuarto dos asistentes, poderán ser incorporadas novas materias na orde dos traballos, se foran aceptadas por unanimidade.

Artigo 32º. -      A revogación do mandato das diferentes Coordenadoras  terá que ser considerada na Asembleia do seu ambito, a proposta dos membros do partido adscritos ás mesmas. A revogación requerirá de maioria simple.
Artigo 33º. -      Os órgaos do partido quedarán validamente constituídos quando estiveren presentes, en primeira convocatoria, a metade máis un das persoas que integren o órgao correspondente, e en segunda convocatoria de polo menos o 25%.

As decisións de todos os órgaos do partido serán tomadas por maioria simple salvo, no caso da Asemblea Nacional, a mudanza de estatutos, que requerirá de maioria de tres quintos.

Nas deliberacions dos órgaos permitirase a posesión da palabra dos asistentes que o soliciten, previamente á toma de decisións. O voto será segredo salvo acordo en contra, por unanimidade.

Artigo 34º. -      A elección dos membros das diferentes Coordenadoras farase en votacións separadas para cada posto vacante entre cada unha das persoas que se candidaten para ese posto. Os candidatos poderán presentar a súa candidatura até 72 horas antes da celebración da asemblea.
Artigo 35º. -      Tanto a confección de listas electorais como eleccións a nivel interno será cometido da correspondente asemblea territorial.

Os compoñentes das listas serán elixidos pola votación da asamblea correspondente a candidatos en listas abertas a sairán elexidos os máis votados pola mesma orde en que obtiveron os votos, de maior a menor.

Este procedemento poderá ser modificado pola propia asemblea sempre que haxa consenso unanime.

TÍTULO V. PROCESO DE DEBATE E APROBACION DE PROPOSTAS

Artigo 36º. -      Propostas programáticas ou organizativas.

1        O sistema ha de permitir que calquera militante ou órgao poida propoñer, directamente, sen intermediarios, propostas ao resto da militancia para o seu debate e aprobación polos órgaos competentes do partido. Do mesmo xeito calquera militante ou órgao poderá presentar emendas a unha ponencia.

A tal efecto calquera un militante poderá facer propostas a órgaos, aínda que non sexa membro dos mesmos, coa única condición de que pertenza ao ámbito territorial do órgao en cuestión.

2        As ponencias de carácter político-programático e de organización interna serán debatidas e aprobadas pola Asemblea Nacional (AN).

O resto de propostas que afecten exclusivamente a asuntos de ámbitos territoriais concretos serán aprobadas polas asembleas correspondentes.

3        Calquera militante ou órgao que queira presentar unha ponencia a debater por unha asemblea, remitirá dita ponencia á Coordenadora correspondente, que se encarregará de remitirlla a todos os militantes que vaian estar involucrados na sua aprobación.

A efectos de evitar que teñan que debaterse propostas que carezan dun interese suficiente como para convocar unha asemblea, unha vez coñecida a proposta polos militantes, a coordinadora establecerá un prazo de 24 horas para que se efectue unha votación, a través de internet, cando se dispoña dun sistema con garantías suficientes, ou outro sistema consensuado, na que os miliantes voten se consideran pertinente que dita proposta continúe coa tramitación ou polo contrario se rexeite desde ese momento na súa totalidade. A cifra mínima que unha proposta debe acadar para continuar a súa tramitación debe ser da orde dun 35% de votos favorables.

4        Calquera militante ou órgao, para presentar emendas á ponencia, deberá remitir estas únicamente á coordenadora correspondente que, inmediatamente, as remitirá ao ponente.

5        En caso de emendas de contido similar, a coordenadora poderá estudiar a posibilidade de simplificalas consensuado con eses emendantes a reunificación das mesmas. De non chegarse a un consenso total entre ponentes, os puntos de discrepancia pasarán a ser debatidos e votados pola asamblea.

En nengun caso as emendas deben ser coñecidas mais que polo ponente e a coodinadora, a parte dos propios emendantes, até que se celebre a asemblea correspondente. No caso de que houbera “filtración” entre militantes en nengún caso se permitirá un debate previo que obrigue ao ponente a pronunciarse antes da celebración da Asemblea.

6        As propostas, coas correspondentes emendas, pasarán a ser debatidas e votadas na asemblea próxima que se celebre. Cando a coordenadora teña un número suficente de propostas acumuladas ou haxa urxencia na súa aprobación, poderá convocar unha asemblea extraordinaria para o debate e aprobación das mesmas.

O encargado de defender unha ponencia ante a Asemblea será o propio ponente ou a persoa na que este delegue.

Do mesmo xeito os encargados de defender as enmendas serán os propios emendantes ou as persoas nas que estes deleguen.

Realizado o pertinente debate pasarase á votación da Asemblea.

As ponencias aprobadas incorporaranse ao ideario do partido e, nas mesmas, constarán os datos do ponente.

TÍTULO VI. DO RÉXIME ECONÓMICO E DOCUMENTAL

Artigo 37º. -      CG pode adquirir recursos económicos de forma lícita das seguintes fontes:

a)     Financiamento privado de acordo coa lei vixente;

b)     Taxas e contribucións de membros e simpatizantes;

c)      Rendementos procedentes das actividades promocionais e xestión do patrimonio do partido;

d)     Doazóns moetarias ou e especie segundo a lei vixente;

e)     Herdanzas ou legados.

Artigo 38º. -      A administración económica e patrimonial correspondelle á Coordenadora Nacional, que deberá elaborar anualmente os orzamentos do partido e as contas do exercicio anterior para a súa aprobación pola Asemblea Nacional.

A fiscalización e control serán exercidos polo Consello de Contas que deberá dar o seu visto bo ás contas do exercicio anterior elaboradas pola Coordenadora Nacional, previamente á súa presentación ante a Asemblea Nacional.

Artigo 39º. -      A CN manterá os Libros de Afiliados, Actas, Contabilidade, de Tesoureria e de Inventarios e Balances, en conformidade coa lexislación vixente.

TÍTULO VI. MOCIDADES GALEGAS

Artigo 40º. -      Artigo 42º - Mocidade Galegas, en adiante designada MG, é unha organizaciónpolítica de xuventude, recoñecida como parte integrante de Coalición Galega.

Os seus membros, unha vez alcanzados os 18 anos, tornaranse membros do partido, adquirindo os dereitos e deberes recollidos nos estatutos.

Artigo 41º. -      A MG disporá de seus propios estatutos e órgaos de goberno, que deben ser sometidos ao refrendo da Coordenadora Nacional.

TÍTULO VII. DA DISOLUCIÓN DO PARTIDO

Artigo 42º. -                  O partido poderá ser disolvido polas causas establecidas legalmente ou por decisión da Asemblea Nacional, en convocatoria extraordinaria, e sendo preciso o apoio de tres quintas partes dos membros participantes. O acordo de disolución designará unha Comisión Liquidadora que, unha vez cumplidas as obrigas económicas existentes, destinará o remanente patrimonial a asociacións ou fundacións sen fins lucrativos ligadas á defesa do benestar social, patrimonio cultural, linguístico ou natural de Galicia.