Para Aderirse
TÍTULO II DOS ESTATUTOS. MEMBROS ADERENTES, OS SEUS DIREITOS E DEBERES
Artigo 1º. - Poderán afiliarse a CG as persoas físicas con máis de 16 anos de idade que non teñan limitacións ou restricións na súa capacidade de obrar. As persoas cidadás de outros países poderán afiliarse cando a lexislación o permita. As solicitudes de afiliación serán cursadas por escrito, ou medios telemáticos (incluida a páxina web do partido), ao Consello Nacional que resolverá sobre a admisión incorporándoa ao Libro de Rexistro de Afiliados, onde irán constar os datos sobre altas e baixas definitivas. Dende o momento en que se fai a solicitude, debidamente acreditada, xa se adquire a condición de Aderente, que pode ser revocada únicamente polo Consello Nacional nun prazo máximo de 30 días.
Artigo 2º. - A condición de membro de CG ten como prerrequisitos:
a) A aceptación dos principios programáticos do partido;
b) A observancia do ordenamento estatutario;
c) Non militar en ningún outro partido político,
d) Non estar incurso ou inmerso en actividades punibles ou de descrédito social.