Votantes con síndrome

17-06-2017 20:01

Os comportamentos da masa electoral son o resultado final dun cúmulo de circunstancias persoais e externas. Ás veces danse resultados que sorprenden e que aparentan carecer de racionalidade. Moitos son os que non logran comprender, por exemplo, como partidos absolutamente corruptos e con comportamentos que raian no maltrato, poidan manter un importante apoio social.

Facendo unha excepción  a unha regra non escrita, imos ser politicamente incorrectos e tratar de analizar unha parte de eses comportamentos considerados anómalos.

Entendemos que, isto en boa parte débese a que dentro da masa social, hai  unha fauna de votantes singular con criterios moi particulares . Sectores condicionados por patoloxías electorais que denominamos síndromes.

Enumeramos e tratamos de analizar, segun o noso saber e entender, cales son eses síndromes que poden levar a resultados electoralmente anómalos.

Síndrome de Estocolmo

O síndrome de Estocolmo defínese como Trastorno sicolóxico temporal que aparece na persoa que foi secuestrada e consiste en mostrarse comprensiva co a conduta  dos secuestradores e identificarse progresivamente co as súas ideas, ben durante o secuestro ou tras ser liberados.

Cando un escoita en tertulias de cidadáns que, de boa fe, desculpan a partidos corruptos por que pobriños eles que confiaron en xente que os traicionou, iso pódelle pasar a calquera, (curiosamente estes amigos do alleo nunca cometen abusos contra si mesmos ou compañeiros de partido),defender os recortes que eles mesmos padecen por que non quedaba outro remedio, entre todos arruinamos o país por que viviamos por enriba das nosas posibilidades, (mentres se rescatan bancos con miles de millóns), estamos claramente ante cidadáns co síndrome de Estocolmo.

Síndrome do apaleado

Hai quen é de natureza submisa e hai quen se resiste ao maltrato. Hai quen se subleva ante o maltrato e hai quen acaba cedendo e someténdose.

Certos gobernantes, coñecedores de estes comportamentos, non teñen empacho ningún en practicar as técnicas de maltrato sicolóxico sobre sectores ideoloxicamente resistentes mediante o ninguneo, a marxinación e o acoso institucional co fin de os dobregar e sometelos. En paralelo, para reforzar os efectos, mostran o ben que lle vai  aos fieis e submisos.

Algúns cidadáns dan por feito que un non se debe enfrontar ao poder e aqueles que o fan e sofren algún castigo, téñeno ben merecido por que eles o buscaron pola súa propia man. Quen así pensa aínda non se liberou da sicoses da represión da ditadura ou de ditablandas.

Os que ceden é por que xa adquiriron o síndrome do apaleado.

Síndrome da cosa nostra.

A teoría da Traxedia dos comúns vennos a dicir que somos mais proclives a preocuparnos polo que nos afecta directamente que aquelo que nos afecta por pertencer a un colectivo.

De este xeito, dentro do colectivo, sempre aparece unha porcentaxe de avariciosos dispostos a obter maiores beneficios e mais rápidos, non respectando as normas, aínda que con iso se malogre o proxecto colectivo e se prexudique aos demais e incluso a si propios.

En política buscan o poder polo poder, para constituírse nunha camorra onde o importante é a familia, parental ou política, co que así poder obter réditos que nin son éticos nin legais.

Síndrome do aficionado a xogos de azar

Son unha variante do caso anterior. Diferéncianse en que as súas posibilidades de obter beneficios son escasas por que son meros peóns carentes de peso ante o poder pero viven co a esperanza de que figuran na lista de espera do poderoso de turno e nalgún momento pódelles tocar a lotería de obter o que buscan.

Síndrome do hoolligan

Hai partidos políticos que ante a carencia de unha oferta o suficientemente atractiva ou diferenciada, tiran de épica, acudindo aos instintos mais primitivos, tratan de converter as eleccións nunha especie de competencia deportiva onde o importante é gañar e gañar e humillar ao adversario.

Ao hoolligan impórtalle un pemento como se administran as vitorias e para que serven. O mais importante para él xa está conseguido. Vai dar por bo todo e canto faga o partido.