Volva vostede mañán

13-09-2016 15:19

Imos facer un relato de feitos reais que quizás xa non sorprendan a moitos, pero que nos parece importante recalcar por que indican hacia onde nos encamiñan, pauseniño pero en movimento constante.

Unha persoa entra na delegación de Facenda mais perto do seu domicilio, logo de desplazarse 20Km, para entregar un número de 9 díxitos que recibiu por email, da Casa da Moeda e Timbre, para tramitar o certificado FNMT, é dicir, poder baixar da rede unha acrediatación dixital que te identifica para as tramitacións dixitais.

Unha vez dentro da oficina de atención ao cliente, sobre as 11 am, onde habitualmente hai sobre seis funcionarios, vemos dous, suponse que os demais van ao consabido café de meia mañán.

Por fóra do mostrador un único usuario, ao que están a atender. É unha delegación con pouco choio e é bastante habitual, excepto en períodos de declaración da renda. Pasa un par de minutos e un dos funcionarios aproximase á persoa que acaba de entrar. Comunicaselle que é o que se pretende facer e o funcionario, logo duns segundos de dúbida, pregunta "¿Pero vostede pediu cita?. O solicitante responde: Non sabía que houbera que pedir cita para comunicarlle un número de nove cifras pero á vista de que non hai ninguén mais á espera ben me podería atender. Resposta: Non, non, tén vostede que solicitar cita previa" mentres lle entrega un papeliño cos números de teléfono e enderezo electrónico onde pode solicitar a cita previa, que por suposto son todos de Madrid. Entonces plantexaselle ao funcionario que tramite él mesmo a cita previa, "Cá, tén que facelo vostede para que quede constancia". ¿Constancia?

Nese instante, o afectado, tuvo un flash back que o retrocedeu a 50-60 anos atrás, onde chegabas a unha ventanilla e, o funcionario de turno diciache " faltalle a vostede unha poliza e volva mañán por que estamos mesmo a punto de pechar".

Parece que vai sendo normal este tipo de hiperburocratización, con citas previas innecesarias e chamadas teléfonicas a Madrid, nas administracións dependentes do goberno central. Tamén nalgunhas dependentes da Xunta, se tentou algunha centralización estúpida e innecesaria.

Partese dun concepto retrógrado da administración, onde o Estado é o propietario da administración e cada vez que atende a unha persoa estalle a facer un favor. Consecuentemente o funcionario comeza a ter a sensación, que tiña no franquismo, de ter poder e polo tanto ser unha autoridade.

Parécenos que, con esto, se buscan obxectivos como que o administrado lle atemorice acudir á administración e poder así reducir funcionariado, adelgazar a administración ademais de facer perceber que o Estado é autoridade.

Unha das innovacións, co a desaparición da dictadura, no tránsito á dictablanda, foi tratar de modernizar a administración e un dos aspectos a mudar foi tratar de poñela ao servicio do cidadán, comezando polos funcionarios.

Nos últimos tempos, sobre todo onde nos goberna o partido neofranquista, parece que hai unha certa regresión, o que entendemos que vén a ser un sintoma mais da coherencia dunha ideoloxía que entende o Estado como unha propiedade da clase dirixente.

Xa hai bastantes anos que, nos paises civilizados, cando alguén entra nunha oficina da administración pública, resulta casi imposible sair de ela sen ter resolto o que se pretende, por que nunca falta unha póliza ou un documento e, cando falta, a propia administración se encarga de procuralos e comunicarche o proceso en que se atopa o trámite.

Aqui non, camiñamos como o cangrexo.