Tomen nota, unha vez mais

08-09-2016 21:44

O sir Manuel Soria acaba de renunciar ao seu cargo no Banco Mundial pero, como di o interfeuto, por que llo pide o goberno. Usease, non hai conciencia de actuar inmoralmente nin remordemento.

No alto mando do PP, tampouco se observa que haxa mais conciencia da que amosa o penoso canario. As declaracións feitas dende Rajoy ao corsario Hernando, mentindo, tratando de xustificar a nominación e, manda bemoles, dicindo que se lle fai unha crítica inxusta, é todo un compendio de cómo tentar de bater o record de facianas irrompibles.

Entón temos que concluír que o recuamento, de non ser debido a motivos éticos, tén que ter a súa orixe en razóns espurias.

Non recordamos ningún paso atrás nas decisións do PP. Ni xiquera en casos mais infumables como, por exemplo, o caso Barberá.

Polo tanto unicamente pode ser debido a circunstancias do momento. Unha suma de varios factores. Unha presión mediatica, un “socio” C´s tocado e que ha de reaccionar para non ser afundido e por último, o que nos parece o factor mais determinante, eleccións en Euskadi e en Galiza.

O primeiro en asustarse é o ínclito Presinte Feijoo que, raudo, comeza a desmarcarse para non queimarse nun lume que él considera mais perigoso que o que arrasa Galiza.De aí ao recúe xeneralizado.

Isto deixa unha lectura clara que nós sempre manifestamos pero que, con isto non debe quedar lugar a dúbidas. O PP é imperturbable, excepto cando está en perigo o poder e, consecuentemente, o número de cargos retribuídos a disfrutar ou o número de sobres a repartir.

Tomen nota aqueles inxenuos que aínda cren no espírito do bo salvaxe, dos conservadores, e da súa rexeneración polas boas.

Cá, non cabe redención nin propósito da emenda sen castigo. E non hai castigo que os impresione mais que a perda de poder.

Falta pouco para que demostremos que aprendemos a lección. Urnas á volta da esquina. Aí está a solución.