Rita Barberá escachifa o manual de mentir

24-09-2016 01:09

Ate o de agora os do PP víñanse comportando como o que son. Unha réplica da camorra que provocou que os edificios de Amatrice se viñeran abaixo por que, cando os construíron, non respectaron as normas sísmicas para aforrar en ferro e hormigon , con unha diferenza é, que os de aquí, están suxeitos a responsabilidades políticas e, para poder canealas, teñen un manual de estilo de cómo mentir coherentemente para seguir parecendo honesto. “Cariño, isto non é que parece”.

Cando eres descuberto en sucesivos casos de cornos só che quedan dúas opcións : ou parar para non incomodar mais á parenta ou botarlle cara fiando na súa credulidade inxenua e na súa capacidade para soportar os apéndices. Optaron polo segundo e metéronse nunha fuxida cara adiante, batendo tódolos records de esperpento.

Levamos meses co caso Barberá e, o sacrificio mais importante que nos ofrecen, foi que dimitira do partido. Do escano alegan que non teñen forma legal de conseguilo.

Non estamos de acordo. Cando tés un partido con respaldo de sete millóns de persoas non podes dicir que non podes conseguir que un corrupto que puxeches nas listas abandone o escano. Non resulta crible nin satisfactorio.

Hai múltiples maneiras de convencela de saír “dignamente” que ter que soportar críticas diarias, illamento e saír pola gateira.

Pero dona Rita, mantense nos trece, precisamente por que sabe que o PP vai ser moi brando con ela. Os únicos que a criticaron, dentro do partido, son os que están ás portas de eleccións. Pola contra a Secretaria xeral, señora De Cospedal, saíu na súa defensa e Vicepresidenta e Presidente do Goberno fixeron mutis polo foro. Coma sempre ocorre nestes casos, uns calan para que outros non falen.

Na campaña das galegas algún periodista que preguntou a Rajoy por dona Rita tivo que escoitar “ Ahora no toca, estamos en Galicia, pregúnteme cosas de la campaña gallega”. Rajoy decide cando toca.

No obstante, aproveitando unha entrevista dun xornal, atreveuse a facer as seguintes declaracións:

Periodista- Les han atacado con el caso de Rita Barberá, ¿se arrepiente de no haber tomado medidas antes?

Rajoy-Bueno, es que el problema es cuándo hay que tomar medidas, porque a Barberá ni la había llamado a declarar un juez. Esto de estar echándonos los trastos a la cabeza acaba no teniendo sentido. ………………. pero también hay que ser justo con la gente. Hay gente a la que se juzga sin que pase por un juzgado y acaban triturados. A veces la desmesura se impone al concepto de justicia, que es todo lo contrario de la desmesura.

Declaracións coma esta, a dona Rita, mais que tirarlle o sono teñen que convidala a durmir mais placidamente.

Xa non hai mais para onde ir. Están mesmo á beira da anarquía ética. O todo vale. Vense sobrepasados e prescinden incluso do manual de mentir. Agárranse a esperanza de seguir confiando na falta de alternativa para sobrevivir.

¿Pódese consentir que, este detritos, goberne España ou Galiza?

Cando entraron no goberno de Madrid, no 2011, gobernaban en catorce CCAA. Hoxe unicamente gobernan en cinco. Retroceden ante o empurre popular. Cada vez estamos mais perto de illar esta peste.

Non se pode converter Galiza no último reduto, o bunker, onde se refuxia o Führer para resistir o avance dos aliados. Non podemos ser o vertedoiro onde se acumula o borroallo. Confiamos en que predomine o sentidiño común dos galegos.