Pola Unión: Galiza existe e quere existir
Visto o manifesto Pola unión: Galiza existe e quere existir, entendemos que este concorda totalmente co a nosa visión do que debe facer o galeguismo para as próximas eleccións xerais.
En Galiza e no Estado español danse uns problemas estruturais que hai que resolver e que non teñen nada a ver con esquerdas e dereitas, e por iso entendemos que é posible e necesaria unha unión transversal, que non exclúa a ningún galego, que emane da cidadanía, que conte co a colaboración e complicidade dos partidos de obediencia galega.
Entendemos que as prioridades para a próxima lexislatura han de ser:
Rexeneración democrática
Cohesión social
Autogoberno
Esta Unión ha de ser pensada non para combater a outros partidos se non para loitar contra a corrupción, o paro, a pobreza e a recentralización.
O bipartito, especialmente o PP, están a converter o parlamento galego nunha institución inoperante e o goberno de Feijoo nunha delegación do goberno de Madrid.
Xa non se fan políticas propias. A Xunta pasou a ser unha xestoría dos recortes orzamentais impostos polo goberno central en materia de saúde, ensino e dependencia.
As políticas económicas están dirixidas polo FMI, a señora Merkel e o IBEX 35.
O Réxime do 78 deseñou unha Constitución que modelou unhas estruturas onde está ausente a democracia participativa, o poder xudicial está controlado polo poder político, mantén privilexios da época franquista e polo tanto facilita nepotismos, clientelismos, corrupción e desigualdades sociais tercermundistas.
Ante todo isto non queda outro remedio que plantexar, primeiramente unha reforma constitucional para poder definir un modelo democrático que logo nos permita acometer o resto dos asuntos.
E para iso precisase un grupo parlamentar importante en Madrid que poida defender estas teses.