Pola Unidade de Tod@s

11-07-2015 22:05

Ante o chamado realizado pola cidadanía a través do Manifesto Pola Unidade que convoca a tod@s @s galeg@s a participar nunha xuntanza unitaria, sen exclusión previa, para celebrar o Día da Nación Galega, Coalición Galega manifesta que vai participar nesa xuntanza e ademais pide a tódolos simpatizantes, militantes e galeguistas que se sumen a esa convocatoria para así realizar a mais importante manifestación de unidade galega a prol de " procurarmos as ferramentas necesarias que nos permitan decidir que queremos ser, que nos posibiliten a construción dun futuro de luz que non hipoteque o mañá de fillos e fillas."

Tamén vos convida a que manifestedes a vosa aderencia ao manifesto en https://polaunidade.blogspot.com.es/