O debate do Estado de Rajoy

27-02-2015 19:16

Todo presaxiaba que iamos a asistir a un debate, unha vez mais, “plomizo” marcado polo triunfalismo e arrogancia da maioría “absolutista” do PP.

Non obstante resultou sorprendente por que a oposición, por fin, espertou do seu letargo para espetarlle, en todo o fociño, a realidade ao Presidente Rajoy.

Rajoy presentou un debate totalmente previsible. Unha sobredose do mesmo de sempre. Autobombo e xustificacións.

Para xustificar os recortes, o de sempre, a herencia recibida e unha frase de contabilista, “Non se pode gastar mais do que se tén”.

A estas alturas de partido seguir escudándose na herencia recibida, non é de recibo. Os recortes son fruto das ordes da Sra Merkel por que, que nós sepamos, entre as nosas herencias non figuraba ningún banco, para que lle tivéramos que “donar” 100.000 millóns de euros. Converter en débeda pública a débeda privada non llo pode achacar ao goberno anterior.

Que non se pode gastar mais do que un tén é totalmente falso. Os bancos viven precisamente de iso, prestar para que se gaste o que aínda no se tén. Se dixera non se pode gastar mais do que se ingresa, aínda tería o seu mais ou menos discutible.

Por outra parte resulta bastante contraditorio que duplique a débeda pública un goberno que presume de non gastar mais do que tén.

A segunda parte do discurso, de autobombo, é un cúmulo de mentiras, falsidades e medias verdades. A estratexia de sobrevir electoralmente en base a que a economía mellore para que lle perdoemos tódalas falcatruadas que levan feito.

Que se a macroeconomía, beneficios de grandes empresas, xa medra, que se xa hai mais xente empregada, obviamente nunha especie de comunismo chino en que se reparte o traballo con salarios mais baixos.

Como acostuma o deputado “cunero” de Pontevedra, a culpa sempre é dos demais. No referente aos recortes de Sanidade e Ensino as responsabilidades, según  él, son das autonomías. As CCAA son responsábeis da xestión pero, dende que estes chegaron ao goberno, marcáronlle unha restricións nos orzamentos que dificultan dar o mesmo servizo que anteriormente. Iso si, os presidentes autonómicos que aplaudiron estas medidas, como o sr Feijóo,  convertéronse en cómplices.

Para rematar o discurso, unha restrelada de promesas con tintes electorais, algunha de elas que recordan aos cheques Zapatero.

Na réplica, topou cunha oposición que, esta vez, tivo un nivel aceptable. A xestión de Rajoy foi tan desastrosa que estaba ao alcance de calquera darlle un repaso en condicións. O que o tiña salvado ata o de agora foi unha oposición desnortada e hipotecada polo pasado.

Rajoy quedou tan sorprendido  coa nova estratexia do PSOE, cun Pedro Sánchez descoñecido, que rematou desencaixado e perdendo os papeis. Deu a sensación de derrotado. Importante revés que lle vai pasar factura cara ao futuro.