Normas para transporte e manipulación de voto contaminado

19-09-2016 16:54

Hai tempo que vimos observando comportamentos estranos con respecto ás siglas de algún partido. O Partido Popular arrincona as súas siglas, fanse case imperceptibles, na publicidade electoral. O señor Feijoo declara que o votante non debe fixarse nas siglas á hora de votar. Entón pensamos, algo malo deben ter as siglas. Trátanas como se estiveran apestadas.

Cando lle preguntan a Rajoy por santa Rita Barberá, estando de campaña na nosa terra, di que hoxe non toca, que hoxe toca falar de Galicia.

Quieto parao. A cousa debe ser grave cando se trata de evitar alarma social. Como mínimo umha pandemia.

Entón o noso colaborador de xornalismo de investigación, que é un auténtico furabolos, descubre que a Consellería de Descontaminación está a elaborar uns dípticos con Normas para o transporte e manipulación de voto contaminado, aplicándoselle, ademais, a normativa sobre actividades insalubres, nocivas e perigosas

Logramos facernos cun exemplar que reproducimos a continuación, nunha auténtica exclusiva do mundo mundial.

 

Á vista está que a cousa non é de broma