Menos brincadeiras, por favor
Seguen teimudas as voces interesadas en que non se constitúa unha alternativa de goberno baixo a tese de que este é imposible.
Pois non, non estamos de acordo. Si é posible. Pero ademais moi necesaria.
O comportamento insidioso e caradura do PP basease en que pode facer o que lle saia do santísimo por que non existe alternativa. Polo tanto é responsabilidade do resto das forzas políticas demostrar que existe alternativa á corrupción e ao totalitarismo.
O primeiro que tén que coller o touro polos cornos é a segunda forza mais votada e deixarse de mensaxes mornos e ambiguos. Hoxe mesmo dicía Sánchez estar disposto a falar con tódolos partidos pero, sempre aparece un pero, que os demais teñen que entenderse. Primeiramente él está obrigado a confeccionar uns puntos sobre os que os demais poidan entenderse. No debe traspasar responsabilidades a terceiros como lle fixo Rajoy. Non debe pretender que o resto dos partidos se poña de acordo entre si para facelo Presidente. Logo se os mais non están á altura das circunstancias, xa se verá e se condenará.Dito iso, aritmeticamente, non é imprescindible que teña 180 votos favor da súa investidura, nin moito menos. A segunda investidura tramítase nos mesmos termos que a primeira. Se non se obtén a maioría na primeira votación basta con obter mais si que non na segunda votación.
Botando man, unha vez mais, da aritmética parlamentaria, no peor dos casos podería producirse o seguinte:
Chegar a un entendemento total co a terceira forza política o que suporía asegurarse o si de 156 representantes. Presupoñendo o voto negativo dos conservadores bastaría con conseguir a abstención de outros 40 representantes.
Poida que haxa posturas enconadas pero, ante a perspectiva de un bloqueo que nos condene, definitivamente, a unhas terceiras eleccións ¿Quén é o guapo que, como mínimo, non se abstén?
Unhas terceiras eleccións representarían unha derrota de todos os que votamos cambio para rematar co latrocinio e a prepotencia, por que suporía a confirmación de falta de alternativa á institucionalización do gansterismo.
O tertuliano Antón Losada di, con moita razón, que o caso Soria é o exemplo perfecto do manual ético dos conservadores. Dous minutos despois de rematar a votación de investidura na que prometeron rexeneración política, ¡zasca!, propoñen para un posto de director executivo do Banco Mundial a un mentiroso, corrupto e evasor fiscal.
¿Qué non é posible facer unha alternativa a isto?. Menos brincadeiras, por favor.
Por suposto que a falta de acordo non beneficiaría a ningún dos partidos implicados.
Un xornalista, que sole estar moi informado do que se coce nos lares socialistas, asegura reiteradamente que o goberno alternativo non tén posibilidades por que Sánchez non tén ningunha intención nin vontade de levar adiante ese goberno. Que, en todo caso, estaríase a facer un paripé previo á confirmación das terceiras eleccións. ¿En que estamos pois?¿Nunha estratexia de recuperar o bipartidismo a través do esgotamento?
Queda a esperanza de que o resto sepa como desenmascarar eses comportamentos, para que alomenos o paguen nas urnas, ou que de estas o xornalista estea mal informado. Costa crer que compitan cos conservadores a quen é mais miserable.
Para rematar, en declaracións dun deputado de Compromís, confirmaba que eles negocian por separado de Podemos e que tamén votan por libre, tanto que, de chegar a un acordo de mínimos con Sánchez, xa lle garantizaba os seus catro votos.
¿Qué opina de isto En Marea?