Homenaxe a Franqueira

15-06-2017 18:56

 

O pasado 10 de xuño realizouse unha homenaxe a Eulogio Gomez Franqueira con motivo do centenario do seu nacemento.

Participaron no evento José Mosquera (Compromiso por Galicia); Eladio Fernández (Vía Nova Galicia); Carlos Padín (Converxencia XXI); Enrique Carvalho (Alternativa Galega) e Fernando Alonso (Coalicion Galega).

Non poideron estar presentes, por causas de forza maior, os representantes de Partido Galeguista e Xuntos podemos.

Os participantes realizaron intervencións nas que se destacou a grandeza dunha das personalidades mais relevantes da época democrática en Galiza.

Eulogio Franqueira foi un home que xa desde a súa adolescencia deu mostras do seu espírito inconformista e tratou de involucrarse en movementos políticos transformadores.

O golpe de estado de Franco e a posterior ditadura fixeron que durante uns anos se mantivese ao marxe das actividades políticas.

Non obstante, ese inconformismo nato, levouno a tratar de buscar outras vías para tentar facer unha labor transformadora do seu entorno.

Os seus esforzos dirixíronse principalmente hacia o rural, do que procedía e coñecía mellor. Aproveitando os medios que lle proporcionaba o réxime, emprendeu a  súa labor de creación de cooperativas agrícolas e gandeiras.

Neste sentido demostrou ter un espírito xeneroso, posto que non buscou unicamente proveito para si mesmo, como se pode observar en outros moitos políticos,  senón que fixo todo o posible para mellorar a vida de penuria e miseria da xentiña do campo.

Esas cooperativas produciron unha mellora económica en miles de persoas do rural e seguen a ser hoxe referentes empresariais.

No eido político, durante a transición, creou unha forza política, inicialmente exitosa, coa intención de dotar a Galiza dunha forza propia potente e determinante tal e como estaba a suceder noutras comunidades do estado. Co é ben sabido, a súa desaparición prematura truncou a traxectoria de ese proxecto político.

O mestre Franqueira deixounos varias leccións: Xenerosidade, espírito inconformista e cooperante.

Hoxe a política está a pasar por unha crise de valores por que, por parte de algúns, estase a priorizar o ben duns poucos sobre o ben común e, de xeito criminoso, a apropiarse do patrimonio de todos.

Hai crise en tódolos sectores pero, en particular, o rural está a pasar por unha fonda crise que o leva hacia unha continuada despoboación que, a este ritmo, emulando un dito moi coñecido en Venezuela, o interior leva camiño de converterse en monte e cobras.

Un panorama, en xeral, desolador e desalentador

Como colectivos políticos temos a obriga moral de ser distintos a outras forzas políticas egoístas e cortoplacistas. Nós pola contra habemos de ser xenerosos e cooperantes.

Temos que aproveitar as ensinanzas dos mestres que nos antecederon para construír un proxecto político de centro, útil para os galegos.