Emulando ao Terceiro Reich
Pouco a pouco vaise amosando que o PP tiña moi planificado como levar adiante os seus obxectivos unha vez tomado o poder no goberno central que nada tiñan que ver co prometido na campaña electoral. Contando con que gobernaban en 14 das 17 autonomias, unha grande parte de municipuos, grandes cidades e deputacións, a consecución da maioría absoluta no Cogreso de Deputados proporcionaballe un control total sobre as decisións lexislativas e políticas.
A partir de ahí tratabase de ir cumplindo os obxectivos que haberían de levar ao réxime hacía o poder absoluto. Recentralización, recortes, flexibilidade laboral, xustiza desigual e para ricos, viñan a ser patas do mesmo banco.
Para comezar, todas estas viraxes precisaban dunha xustificación con apariencia democrática e de interés xeral. Crean tres culpables, responsables da desfeita da crise:
- Os cidadadans, por viviren por enriba das suas posibilidades, que axudara a xustificar todas as medidas de incremento fiscal e recortes, que caería sobre os hombreiros cidadans.
- Acusar ás comunidades autónomas despilfarradoras o que xustificaría a recentralización e reducción do deficit vía recortes de servizos fundamentais.
- A herencia recibida, que permitía trasladar a gobernos anteriores a responsabilidade do cambio de criterios con respecto ao seu programa electoral.