CORRUPTOS INTACHABLES
Según publica hoxe La Voz de Galicia, un portavoz do PP ao preguntarlle se levarán imputados nas súas listas, responde que “hai persoas imputadas con unha conducta persoal, política e profesional intachable” e en consecuencia ”estudiarán caso por caso”.
O PP acaba de descubrir unha nova especie, o corruptus intachabilis. Con ese baremo ético moi pocas persoas estarían no cárcere. Co a Pantoja estaríase a cometer unha inxusticia. Incluso algúns sicópatas asesinos teñen unha vida social intachable.
Aproveita o PP, nun acto de cinismo e hipocresía, á desesperada, que existe un dilema en certas capas sociais que establecen diferencias entre corrupción boa e mala. Mala a que beneficia a quén a practica e pón en perigo o benestar de todos, e boa aquela que se asemella unha especie de labor social de reparto caritativo e que, aparentemente, se trata dunha corrupción “blanda” que non conleva perxuicios a terceiros. O mesmo Baltar, exPresidente da Deputación de Ourense, seguindo este guión definese a si mesmo como cacique bo.
Este tipo de dilema está mais presente entre a poboación canto mais rural é esta, por que o “cacique bo” tén maior oportunidade de estar en contacto con mais cidadáns e adoptar un rol paternalista e amistoso que favorece a confusión ética entre o ben e o mal. Pujalte, deputado do PP no Congreso, “Voy a ser amigo de Rato haya hecho lo que haya hecho" ... ha recalcado que él es amigo de Rato y lo seguirá siendo ", que corrobora o anterior.
Dous exemplos, dos varios que existen, de resposta electoral ante candidatos corruptos. Alcalde do PP condeado por prevaricación e cohecho, inhabiliatdo por catro anos, unha vez finalizada a condea preséntase novamente como número un e obtén maioría absoluta. Alcalde tamén do PP, inhabilitado por prevaricación, inhabilitación por catro anos, pón á sua señora como cabeza de lista e obtén maioría absoluta. En ambos casos actuaban ante os cidadás como “caciques bos”. No segundo caso, a mais, o inhabilitado, alcalde dun concello de 1.500 habitantes, sen profesión coñecida, dá lugar a pensar que todos os seus ingresos teñen que proceder da sua actividade política.
Tamén esto non tería explicación se non é pola confusión ética do votante entre o que é bo ou malo.
Ante esto hai que tomar medidas que, de unha vez por todas, erradiquen todo tipo de corrupto e corrupción.
Por unha parte facer unha labor didáctica de que a corrupción é toda mala. Non é certo que a corrupción caritativa non produce danos a terceiros. Toda corrupción produce danos a terceiros ben sexa por malversación de fondos que son de todos, bén por reparto de postos de traballo favorecendo a amigos en detrimento de outros contribuientes mellor preparados e que teñen dereito a ocupalos.
Hai que ser inflexibles con todo tipo de corrupción. Incluso, no mellor dos casos, esa corrupción “blanda” acaba abrindo camiño a outra corrupción mais “dura”.
Como di o refrán, os moitos poucos acaban sumando moito. A permesividade xeneralizada acaba repercutindo seriamente nos orzamentos que nos afectan a todos en asuntos de primeira necesidade.
Por outra parte, queda patente, que a corrupción non pode erradicarse unicamente en base a boa vontade do votante e precisase de outras medidas adicionais.
A xusticia ha de ter un protagonismo de primeira liña, para combater a corrupción. Dar maior carácter de gravedade aos delitos políticos, aumentar as penas e incluso chegar a inhabilitación perpetua para os casos mais sangrantes. Ningun tipo de indulto para delitos políticos.
Dotar de mais medios á administración de xustiza e, alomenos temporalmente, establecer unha fiscalía e xuzgados, autonómicos, para irregularidades e delitos políticos, non dependente do poder político.
Obviamente, para poder introducir estas medidas, primeiro hai botar do poder aos corruptos e colaboracionistas, por que non é posible esperar que eles se fagan o harakiri.
Para esto non queda outro remedio que confiar na boa vontade dos votantes.