Coalicion Galega. As raices
Coa caída da ditadura iniciase o proceso de constitución do réxime democrático do 78 que da como consecuencia á aparición de novos partidos.
A dereita agrúpase, fundamentalmente en torno ao partido franquista de Alianza Popular, fundado por 7 exministros de Franco con Manuel Fraga á cabeza, e por outro lado en torno á UCD que agrupa o centro dereita mais democrático.
A consecuencia do fracaso electoral de 1982, a UCD disólvese tomando cada un dos seus integrantes camiños distintos.
En Galiza, unha parte decide integrarse na AP de Fraga e outra parte, entre a que se topa Eulogio G. Franqueira, a pesares das continuadas chamadas, toman a decisión de non aliarse co franquismo.
Franqueira, retomando ás súas inquedanzas de xuventude nas Mocidades Galegas, comeza a pensar en clave galega para fundar primeiramente Centristas de Ourense e posteriormente liderar a constitución dunha alianza electoral para as eleccións municipais de 1983 que se denominaría Coalición Galega.
A decisión de non aliarse co franquismo e construír unha forza política en clave exclusivamente galega, son as dúas fronteiras e sinais de identidade que se estableceron, para sempre, entre Coalición Galega e a dereita conservadora española representada por Alianza Popular, hoxe Partido Popular.
A terceira sinal de identidade vennos dada polo liderazgo de Coalicion Galega, formado por emprendedores, que constituíron empresas cooperativas para axudar ao progreso do agro que se topaba nun estatus de miseria absoluta e, grazas a estas iniciativas, miles de persoas de humilde extracción social e económica, puideron constituírse en pequenos empresarios. Foi unha luz de esperanza nunha sociedade condenada a miseria ou a emigración.
Esta forma de entende e facer política, ora et labora , póndose ao servizo do vulgo e non de minorías de elite, entendemos que non tén parangón en ningún outro partido político e moito menos na dereita conservadora-franquista española.
Coalición Galega nacía pola alianza electoral do Partido Galego Independente, Centristas de Ourense e Converxencia de Independentes de Galicia. Uníronse tamén sectores galeguistas, en especial o Partido Galeguista.
Nas eleccións municipais de 1983 Coalición Galega situouse como terceira forza política e obtiña 858 concelleiros, preto de 50 alcaldías, a Deputación de Ourense e mais de 125.000 votos.
Como consecuencia de estes resultados tómase a decisión de transformar a alianza en partido político que se inscribe no Rexistro de partidos o 30 de decembro do mesmo ano.
No 1985 entrabase no Parlamento galego con 11 escanos.
En 1986 obtíñase un escano ao Congreso de Deputados que viña a ser o primeiro parlamentario galeguista dende a segunda república.
En 1987, Coalición Galega, forma parte do goberno tripartito da Xunta de Galicia, sendo Presidente Fernando González Laxe, participando nas consellerías de Industria, Sanidade e Educación.
En 1989 participa nas eleccións europeas na coalición electoral Coalición Nacionalista e, a resultas de isto, en 1993-94 temos un deputado no Parlamento Europeo, sendo o primeiro deputado galeguista nesta cámara e sendo tamén o primeiro deputado en utilizar alí a lingua galega. En 1999 vólvese a ter deputado no Parlamento Europeo pola mesma coalición electoral.
A partir de estas datas, á procura de recompoñer o espazo de centro, chégase a acordos con outras forzas participando en coalicións electorais.
Neste momento seguimos na teima por que entendemos que o galeguismo precisa de procurar un maior apoio do votante de centro como única fórmula para que o galeguismo, en xeral, teña maior protagonismo político que é o único xeito de que a nosa terra tamén acade un maior protagonismo e autonomía dentro do Estado español.
Para iso collemos o testigo dos nosos predecesores e, partindo do espírito fundacional, crear unha forza política adaptada ao que requiren os novos tempos.