Candidaturas de Coalición Galega

22-04-2015 19:01

Coalición Galega logrou pechar e presentar candidaturas nos seguintes concellos:

Mondoñedo  encabezada por Cesar Rodriguez

Concello da Mariña Central de Lugo con algo mais de 4.000 habitantes, cabeceira de comarca, partido xudicial e antigua Sede Episcopal

Vigo  encabezada por Trinidad Docampo

Concello do Eixo Atlántico, o mais poboado de Galiza con perto de 300.000 habitantes, partido xudicial e Sede Episcopal. Destaca pola importancia do seu porto e a industria.

Ourense encabezada por Fernando Alonso

Concello con 107.000 habitantes, é capital de provincia, partido xudicial e Sede Episcopal. Actividade principal sector servizos no que destaca o termalismo.

Con estas candidaturas logramos cubrir tres capitalidades importantes que asentan a nosa continuidade como proxecto político e propician a posibilidade de confluir no futuro con outras formacións políticas para construir, entre todos, o proxecto definitivo de centro galeguista que Galiza precisa.