Bárcenas; chove sobre mollado

23-02-2015 18:32

Grandes titulares nos medios a conta das consabidas  semanas de folganza en Baqueira de Bárcenas, nun apartamento de luxo, para esquiar cando o pobre non tiña nin para pagar a comunidade do seu piso de Madrid.

Este escándalo é o bosque de cuestións secundarias que non deixa ver outros árbores en torno aos asuntos de  Bárcenas.

Esta forma de actuar, do da peineta, semella soberbia e prepotencia por que “pasa” olimpicamente da opinión pública e da opinión do xuíz. Mala estratexia para quen tén pendentes delitos graves.

Isto só se pode entender pola tendencia á actitudes chulescas dos que durante décadas camparon polos seus respectos con total impunidade e, ademais, teñen a seguranza de que non van voltar ao cárcere posiblemente como consecuencia de ese “sé fuerte Luis. Hacemos lo que podemos”

Hoxe mesmo aparece na prensa que o Consello Xeneral do Poder Xudicial investigará  de oficio ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Francisco Vieira, e outros xuíces para ver se  incurriron en incompatibilidade ao percibir unha compensación económica  polo desenvolvemento dunha ferramenta informática en Decanatos e  Órganos Xudiciais que se puxo en marcha en 2010.

Polo visto os pagos eran efectuados por unha empresa subcontratada pola Comunidade de Madrid.

O funcionamento da xustiza deixa moito que desexar pero, ademais, a neutralidade e imparcialidade de algúns xuíces resulta mais que discutible. Todo isto cheira ao que todos pensamos que cheira.

Os focos céntranse excesivamente sobre Bárcenas cando este home era unha simple ferramenta, unha peza mais do engrenaxe, o contable da cosa nostra.

Vaille ben ao resto da trama mafiosa que as responsabilidades se centren no oficinista desviando a atención pública dos verdadeiros responsábeis, os capos da mafia, os que controlan o poder político, xudicial e financeiro.

Os paxaros cázanse con valín e as balas resérvanse para a caza maior. Debemos gastar menos munición cos Bárcenas de turno e reservala para pezas mais grandes.

Non se debe pasar de puntiñas polos asuntos de Bárcenas pero tampouco entrar ao trapo de que nel comeza e remata o entramado corrupto. Para desgraza de todos nós, Bárcenas non é mais que a punta do iceberg, unha rede tecida para pescar en aguas revoltas na que o oficinista non é mais que un nó