Acordos de acción conxunta Terra Galega – Coalición Galega

03-11-2014 16:27

  Terra Galega         Coalición Galega

En datas recentes tuveron lugar reunions entre as respectivas Direccions dos partidos Terra Galega e Coalición Galega para dialogar sobre a posibilidade de unir forzas para construir un galeguismo de centro mais forte que dea unha resposta adecuada ás demandas cidadáns.

Recordar que Terra Galega obtivo, nas anteriores eleccións municipais, 14.000 votos e 23 concelleiros.

                              Guillermo Sanchez Fojo                          Fernando Alonso Lorenzo

                               Secretario Xeral TeGa                                Secretario Xeral CG

Logo de debater sobre os problemas que acucian aos españois, e en particular aos galegos, chegouse ás seguintes conclusions:

O sistema político-administrativo está putrefacto é precisa de unha rexeneración inmediata. Reforma constitucional que facilite unha maior participación dos cidadadáns na toma de decisións, un maior control dos políticos por parte dos cidadáns e unha maior transparencia. Modificacions lexislativas que permitan perseguir con maior eficacia os delitos de “cuello blanco” e incrementar as responasabilidades e penas por delitos da clase política.

O sistema xudicial por ter dependencia do poder político, vese altamente condicionado para poder exercer as suas competencias de maneira eficaz, e coa dureza que sería de desexar, nos casos de corrupción. Por eso precisase con urxencia de modificar a lei orgánica do poder xudicial para que poida actuar mais imparcialmente, aparte de dotar de mais medios á administración de xusticia.

Establecer uns direitos mínimos para os cidadáns como Ensino, Saude, Vivenda e Salarios dignos que han de ser protexidos, inexcusablemente, polos gobernos e parlamentos.

O actual goberno da Xunta de Galicia está a asumir, sen nengun atisbo de discrepancia, as teses da dirección central do Partido Popular e, en consecuencia, estase a converter á Xunta nunha sucursal do Goberno central e do partido, que permete todos recortes e atropelos que se están a cometer cos galegos.

En consecuencia, hase de puxar por conseguir un estado mais federal que propicie gobernos en Galicia de obediencia netamente galega que poidan atender, con mais eficacia e prontitude, os problemas e necesidades dos cidadáns galegos sen interferencias nen condicionamentos do goberno central.

Neste momento crucial en que o bipartidismo estragador,  formado polos dous partidos mais corruptos, comeza a dar síntomas de agotamento e de perda de respaldo social, en que o resto do galeguismo está desnortado, ou semi desaparecido ou en lirotas internas, Terra Galega e Coalición Galega deben dar mostra de madureza política e aunar esforzos para rescatar á cidadanía das máns de mediocres e impresentables gobernantes.

Con esta intención Coalición Galega chegou a un acordo firme con Terra Galega de confluir nunha única forza política para, en adiante, traballar xuntos por unha Galicia mais próspera e de maior benestar.