En defensa do federalismo

A democracia significa participación do cidadán no ordenamento xurídico. O resto, decisions por maioría, respeto ás minorias, votacions, non deixan de ser accesorios, consecuencias, para poñer en práctica a democracia.

Inicialmente a participación cidadán foi directa en xuntanzas asamblearias. A según foi pasando o tempo, en parte por que os colectivos implicados medraban de tamaño, foise facendo mais indrecta co cal o poder de decisión ibase alonxando do cidadán.

Os estados actuais xa comezan a non responder ás necesidades do mundo moderno principalmente no ámbito do comercio internacional, a mais de outros aspectos, por iso houbo que constituir a Unión Europea.

Por outra banda a maior parte dos estados son excesivamente grandes para o exercicio de unha verdadeira democracia participativa, aquela que ofrece unha participación activa e real do cidadán, de xeito que os centros de información, decisión e execución están moi alonxados de él

Así pois a participación do cidadán queda reducida a que, de tarde en tarde, participe nunhas eleccions de representantantes, logo dunha campaña electoral que pretende ser informativa, con promesas que a miudo son esquecidas e incumpridas, onde ao cidadán lle queda pouca capacidade de control e presión, reducindose básicamente á conformación de unha “opinión pública” cuio poder real é moi limitado e a sua eficacia queda moi atenuada  e mediatizada pola actuación de grupos de presión e o control interesado dos medios de comunicación.

Isto explica, entre outras cousas, o desánimo e desafección que se observa en amplios sectores da sociedade e mais a forza dos ataques a que se ve sometida por parte de colectivos poderosos que pretenden implantar estructuras políticas que salvagarden os seus intereses ou perpetuar o poder que xa teñen acadado ou pretenden acadar.

A existencia dos estados actuais basease nun concepto de soberania que a evolución económica, e consecuentemente a evolución politica, vai facer estourar.

En xeral o hipernacionalismo estatal sempre foi reticente a ceder competencias á UE, por puro egoismo “patriotico”.

Por outra parte tamén é reticente á cesión de soberania hacia instancias de ambito territorial inferior. Así a soberanía do Estado é total, indivisible e inalienable. Como moito delega partes de esa soberania de xeito controlado e mantendo a capacidade de revisión e recuperación de competencias.

Cando utilizamos o nominal Estado estamosnos a referir as institucions centrais radicadas na capital.

Faise esta aclaración por que é moi recurrente, por parte dos partidos estatais, sobre todo os xacobinos, que esas institucions centrais son as unicas que representan totalmente a todo o Estado cando iso non é estrictamente certo. Tamén a totalidade das institucions de ambito inferior representan a todo o Estado e, polo tanto, tamén son transmisores da vontade cidadán de todo o Estado.

Este concepto de estado unitario con soberanía total xa entrou en crise e iso podese observar claramente a partir da última crise ecnómica mundial onde os estados teñen a obriga de coordenarse con outros e incluso receben ordens do exterior que teñen que executar se non queren quedar aillados e indefensos. Xa se escoitan voces na UE que reclaman un maior avance na unión económica e en parte na unión política, o que supón claramente cesión de competencias hacia a UE.

As teses con mais futuro son as que defenden unha concepción federalista. De feito a UE xa é unha unión confederal moi incipiente que precisa afondar e avanzar na coordenación economica e posiblemente política. A teoría federalista arranca da existencia duns entes con personalidade propia con pleno dereito a desenvolver esta personalidade no ámbito politico e xurídico.

Estes entes teñen soberania propia, non delegada, no seu ámbito xeográfico, que comparten con outros entes conformando así outros entes “superiores” aos que non deben ceder aquelo que poidan facer por si mesmos con eficacia e sen merma da solidaridade.

Isto tamén é valido para o Estado Español onde o federalismo ha de partir dos entes naturais plenamente recoñecidos polas suas peculiaridades xeograficas, culturais e históricas.

O escalonamento institucional partindo dos concellos ate os óganos estatais, permite esa participación activa e real dos cidadáns que nun estado centralizado sería irrealizable.

Un dos argumentos mais socorridos polos xacobinos en contra da descentralización, e incluso ultimamente a favor dunha recentralización, é que a estructura federal resulta moi cara ou mais cara.

Ainda dando por certa esta hipótese, que como veremos non o é, chegaríase á simpleza de que o mellor sistema político sería unha tiranía, goberno unipersoal. Por outra parte aqueles que defenden o centralismo en España, con estes argumentos, contradicense  posto que son os mesmos que defenden unha UE totalmente descentralizada. Se a sua hipotese fora certa ¿Estarían dispostos a liquidar o estado español e incorporalo a outro estado ou facer un Estado Europeo con institucións politicas centralizadas en Bruxelas?. Penso que non. Hai cousas que non teñen precio, están por enriba de custes. A saude, a educación o benestar son dereitos aos que ninguén renunciaría por un criterio de custes. A democracia tamén.

Por outra parte o argumento dos custes non tén fundamentos nin está debidamente razoada e xogase en exceso coa oratoria demagóxica.

¿Pode un estado ter maiores custes por ser federal? Os alemans afirman rotundamente que a sua estructura fedral non é sensiblemente mais cara que un estado centralista por que se neste último caso non habería organizacions administrativas dos estados federais, a cambio si habería que montar unhas estructuras administrativas provinciais delegadas da administración central de similar complexidade ás federais.

Pola contra unha estructura federal produce unha maior axilidade político-administrativa que compensa as minimas diferencias de custes que se poidan dar por que se produce unha maior receptividade as problemáticas e reivindicacions e unha maior rapidez na toma de decisions que se houbera que esperar a que o aparataxe estatal se puxera a debater e aprobar idénticas cuestions. A maiores con unha división político-administrativa resulta mais facil iniciar debates e aplicar solucions para asuntos que afectan a ámbitos territoriais reducidos.

Nalgun momento tamén se chegou a dicir que era un contrasentido que, nun momento que se trata de unir estructuras supraestatais, se pretenda dividir o estado español.

Evidentemente, quen así argumenta, tén un absoluto descoñecemento do que se pretende e dos beneficios que reporta. Simplemente se limitan a reproducir os argumentos do seu ideologo de cabeceira que normalmente é o lider do partido co que simpatiza.

Como xa vimos o escalonamento institucional é imprescindible para unha mellor participación do cidadán. Polo tanto estar en contra da división político-administrativa é voltar aos tempos dos imperios da Idade Antigua.

Que esa división sexa centralizada ou federal tén unha diferencia moi importante. Nas estructuras federais os entes menores poden tomar decisions políticas co que poden dar solucions mais inmediatas, mais específicas e eficaces, cando nas estructuras centralizadas as institucions menores son delegacions, meras correas de transmisión sen capacidade politica para tomar decisións ou atender reividincacions de carácter político.

Por todo esto defendemos un Estado de carácter confederal:

  • Por maior compromiso democrático co a cidadanía
  • Por maior eficacia político-administrativa
  • Pola necesidade de construir un mundo mais humano e adaptado á dimensión do home.