Lei abortada

24-09-2014 15:23

Os partidos do réxime levan tempo en que convertiron a política en puro marketing e cálculos electorais. Faise un programa electoral, para cumplilo cando convén, que vén a ser o mesmo que o típico folleto propagandístico de calquera produto de escasa calidade que ensalza exasaxeradamente as escasas virtudes do mesmo e oculta os defectos.

Ocúltanse as partes inconfesables, favores clientelares ás minorías con contraprestacións, e ensalzanse as migallas destinadas ao resto da poboación.

Dado que non teñen intención de coñecer a opinión pública maioritaria para poder gobernar e lexislar ao seu antollo, escudandose en que sempre representan á maioría por que asi o dixeron as urnas, manexanse únicamente por intereses minoritarios e cálculos electorais.

Todo o trámite e posterior retirada da Lei do aborto de Gallardón, fíxose baixo estas mesmas pautas.

O aborto é un asunto moi controvertido por que fundamentalmente resulta difícil discernir cando un feto debe adquirir dereitos propios. Biolóxicamente non existe unha barreira ou salto que marque tal cousa, excepto o momento mesmo da concepción.

Por tal razón existen criterios múltiples e diferentes sobre cando e por que razóns se pode interrumpir un embarazo. Por esta razón, as condicións do aborto, non deixan de ser mais que un probléma ético.

Antiguamente os principios éticos estableciannos as relixións pero, nas sociedades modernas e democráticas, deben ser as maiorías populares as que establezan eses principios éticos.

O PP levaba no seu programa electoral a reforma de esta lei, para satisfacer a unhas minorías ultracatólicas. Puro cálculo electoral e fidelización de voto.

Así veñen actuando en todos e cantos asuntos están a reformar e modificar. Prepotencia á espera de que os indicadores económicos sexan favorables e produzan unha remontada na intención de voto.

Pero agora parece que lle soaron as alarmas. O estratega dos populares informoulle de que, por ese camiño, estaban condeados ao fracaso electoral. En consecuencia deciden a súa retirada.

En ningún caso lle importa averiguar que opina a maioría, nin cando iniciaron o trámite do anteproxecto nin cando deciden a súa retirada. Ainda que, neste último caso, todo parece indicar que coinciden co aopinión maioritaria. Puro cálculo electoral. Política en función da intención de voto.

Un modelo político que unicamente lle permete ao votante mostrar un cabreo de tertulia e aceptar ou rexeitar o “paquete” completo do partido a, b, c…, nas convocatorias electorais, pero nunca ter participación activa na decisión de asuntos de esta importancia social. Un modelo político para conducir rebaños, non a persoas.