Emulando ao Terceiro Reich

23-08-2014 17:45

Pouco a pouco vaise amosando que o PP tiña moi planificado como levar adiante os seus obxectivos unha vez tomado o poder no goberno central que nada tiñan que ver co prometido na campaña electoral. Contando con que gobernaban en 14 das 17 autonomias, unha grande parte de municipuos, grandes cidades e deputacións, a consecución da maioría absoluta no Cogreso de Deputados proporcionaballe un control total sobre as decisións lexislativas e políticas.

A partir de ahí tratabase de ir cumplindo os obxectivos que haberían de levar ao réxime hacía o poder absoluto. Recentralización, recortes, flexibilidade laboral, xustiza desigual e para ricos, viñan a ser patas do mesmo banco.

Para comezar, todas estas viraxes precisaban dunha xustificación con apariencia democrática e de interés xeral. Crean tres culpables, responsables da desfeita da crise:

  • Os cidadadans, por viviren por enriba das suas posibilidades, que axudara a xustificar todas as medidas de incremento fiscal e recortes, que caería sobre os hombreiros cidadans.
  • Acusar ás comunidades autónomas despilfarradoras o que xustificaría a recentralización e reducción do deficit vía recortes de servizos fundamentais.
  • A herencia recibida, que permitía trasladar a gobernos anteriores a responsabilidade do cambio de criterios con respecto ao seu programa electoral.
Como medida complementaria, modificación da lexislación no referente a folgas e manifestacións, con sancións administrativas cuantiosas e xuizos con penas desproporcionas, para silenciar as protestas sociais.
A pesares de todos os intentos de xustificar as medidas tomadas, a cidadanía non acababa de tragar totalmente o anzó e as enquisas amosaban, día a día, a perda de apoios do bipartidismo que se confirmou nas recentes eleccions europeas. Tamén os escándalos de corrupción influiron en grande medida no descrédito.
Estaba bastante claro que a estratexía do PP pasaba por que, como moito, a metade de lexislatura a economía deixara de caer e, con un bombardeo continuado de publicidade instituciona a través de todos os medios, foran recuperando respaldo social. Levan sobre un ano dicindonos que xa vivimos no mellor dos mundos posibles pero, os resultados das europeas, confirmaron que se enfrontan a un sociedade desencantada, mais madura e informada que xa non está para contos mentras pasa penurias.
Á vista de esto deciden pasar ao plan B, C, D.... e o alfabeto completo se cumprira. Sen careta, modificacións lexislativas que lle aseguren a continuidade no poder que lle negan as urnas.
Para comezar, ensinaron a patiña coa reducción de escanos en Castilla- La mancha que favorece a consecución de maioría absoluta do partido mais votado e o globo-sonda de Feijoo anunciando medidas similares.
O sistema electoral precisa de reformas pero no sentido contrario ao que se pretende. Listas abertas e unha distribución mais proporcional dos escanos, por exemplo, dan institucions mais representativas da vontade popular.
O actual sistema xa penaliza as formacións minoritarias e favorece as maioritarias que, na maior parte dos casos, están en mans do bipartidismo. Sen mudar xa se poden conseguir maiorías absolutas co 45% dos votos, en calquera institución.
Segun a doctrina do PP debe ser alcalde o candidato da lista mais votada, sempre e cando acade un mínimo do 40%. Engaden que, a modo de xustificación, que non se pode mudar nos despachos a vontade popular. Para comezar, ao falar de listas e poñer un mínimo para obter maioría absoluta, a elección de alcalde segue a ser tan indirecta como antes. Por outra parte, a democracia basase no respeto á decisión das maiorias non dos mais votados. Polo tanto non se pode soster o argumento falaz de que un alcalde da lista mais votada con un 40% de apoios, en contra da opinión do 60% dos votantes, é mais representativo que un alcalde fruto dun pacto que tén que superar o 50% dos votos.
O resto dos argumentos son chuminadas do calibre de que os pactos favorecen a corrupción. Os sobresoldos, portas xiratorias, gürtel ou Bárcenas son fruto de maiorias absolutas e de pactos financieiros, que non políticos.
Pola sua parte os socialistas propuñan en campaña o sistema francés de segunda volta. É unha forma de tratar de blindar o bipartidismo pero con menos descaro, con mais apariencia democrática.
O sistema de segunda volta parte dun erro de concepto que é confundir a democracia con unha competición deportiva por eliminatorias, como por exemplo a Champions. En democracia todos os partidos deben ter a opción de poder presentarse a todas as convocatorias electorais. Non pode haber unha selección previa, con cortes de participación ao estilo do golf ou da fórmula 1, para establecer cales se merecen participar nunha suposta final. Cada formación política eliminada representa eliminar aos seus votantes de participar na decisión definitiva ou obrigar a un votante a optar por unha opción distinta á sua preferida é desvirtuar a democracia.
O partido Nazionalsocialista alemán chegou ao poder en 1933 por medios democráticos pero aproveitou as circunstancias, unhas veces provocadas e outras naturais, para ir construindo un réxime e anulando á oposición hasta converter en inútiles as institucions democráticas e facelas desaparecer, ata chegar á dictadura do partido único.
Non se pode dicir que as circunstancias actuais poidan favorecer un réxime similar pero si de que existe o perigo real de que o PP teña a tentación de emular o réxime de partido único, autoritario, nunha versión mais moderna e sofisticada que manteña as apariencias democráticas.
No PSOE comezan a sentir o temor de que, se non trazan unhas liñas roxas con respecto ao PP, e fan seguidismo de intereses bipartidistas poden acabar perdendo o segundo posto do ranking de partidos.
Unha vez mais o cidadán tén na sua mán impedir que cheguemos a un réxime bananeiro.