Cando unhas eleccions municipais poden mudar a historia

06-10-2014 22:24

O sistema político español dalle o protagonismo total aos partidos por enriba das persoas que xestionan a política institucional. Esto tén unha causa que non é casual.

O réxime do 78 é herdeiro do réxime de Franco. Os mesmos que dirixiron o réxime franquista foron os encargados de planificar un modelo nepotista con apariencia democrática. Para eso había que evitar que tomara protagonismo o pobo e, a tal efecto, lexíslase para que o protagonismo sexa dos partidos políticos deixando que os cidadáns unicamente poidan votar aos partidos, sen nengunha outra participación directa ou indirecta.

Unicamente quedaba completar o mosaico con un partido democrático histórico que aceptara esa representación teatral e ese papel foi aceptado polos dirixentes de novo cuño do PSOE.

Os filofranquistas de AP (hoxe PP), xa dende o inicio eran bastante numerosos en Galicia. A desmembración calculada da UCD, deixoulle moito campo para medrar cuantitativamente, aproveitando para aplicar as súas políticas de amiguismo clientelar.

Ata o 82, os socialistas en Galicia cabían nun autobús. Foi o éxito electoral de Felipe González o que disparou as expectativas. Incrementou exponencialmente as altas de simpatizantes e militantes, en moi pouco tempo, aproveitando en parte tamén a desfeita da UCD.

Eso deu lugar a uns novos socialistas de surrada. Individuos que non querían ser identificados co franquismo, pero mais ansiosos por estar preto do poder que de defender principios democráticos.

De tal xeito que a militancia socialista perdeu uniformidade ideológica e poderíase clasificar en tres grupos:

 

-       “Socialistas convencidos”. Os menos e que paulatinamente foron apartados dos órganos de poder partidario e institucional a favor dos intrusos, mediocres, escaladores e con pouca carga ideolóxica.

-       “Socialistos”. Procedentes, maioritariamente, da surrada do 82, escaladores e dispostos a converter a política nun medio de vida, a toda costa.

-       “Estómagos agradecidos”. Simpatizantes e cargos de pouca monta, favorecidos polas prácticas clientelares recén adquiridas polo “novo socialismo” por simpatía cos métodos dos filofranquistas, como medio de premiar aos fieis e aumentar, en curto prazo, a cota de militancia.

 

O PP non evolucionou. Segue a ser o partido que representa as esencias franquistas da “demoracia órganica”, recentralización política, patrioterismo español a ultranza, dereitos para as clases pudentes, control e manipulación informativa, favoritismos co entramado empresarial herdado do franquismo, especialmente o IBEX 35, corrupción como parte inherente ao sistema.

 

É certo que outros partidos tamén foron contaminados por este “virus” pero en menor cuantía. Non chegan a constituir un problema para modificar o sistema.

 

Próximamente temos a contenda electoral das municipais, que pode ser histórica se conseguimos barrer co réxime do 78 para instaurar un auténtico sistema democrático, transparente e limpo de corruptelas.

Dado que sistema foi montado sobre os partidos, en lugar de sobre as persoas, é polo que todolos éxitos ou fracasos obtidos noutras instancias acababan repercutindo sobre o resultados das candidaturas municipais, independentemente da boa ou mala xestión das persoas a nivel municipal.

O sistema, así establecido, pode elevar aos altares institucionais a mediocridades caciquìs e enterrar políticamente a persoas honestas de valía, en función das siglas ás que represente.

Todos os cargos electos son conscentes de que as regras de xogo non beneficiaban a democracia pero os que podían mudar estas reglas eran os dous partidos maioritarios do réxime do 78, PP e PSOE, que obviamente preferían e prefiren xogar con vantaxe.

Dado que os cargos electos sempre foron conscentes de esto, na práctica, os de estes dous partidos en particular, acabaron converténdose en colaboracionistas do asentamento e perpetuación dun sistema clientelar que finalmente nos levou ao resultado crítico actual.

O réxime, para perpetuarse, precisa de esta rede intrincada de “benefactores” compradores de voto.

Por esa razón, cada concelleiro que obteñan calquera de estas duas forzas, seguirá a ser un colaboracionista, un parvo útil ou interesado, que axuda a darlle continuidade á decadente e corrupta democracia sustentada polas súas clases dirixentes.

Cada alcalde ou concelleiro, acadado por estas duas forzas, convertense nun aval de continuidade. Cada alcalde ou concelleiro, perdido por estas duas forzas, é romper un dos nudos que conforman esa rede.

Non é posible derrubar o réxime do 78 sen recortar o seu poder institucional, ainda que sexa pouco a pouco. Démoslle unha lección democrática nas próximas eleccións municipais. Con eso podemos conseguir que ou ben rectifiquen ou pasen a ser meros espectadores.

As municipales do 12 de abril de 1931 produciron un cambio de réxime. Estas próximas elecccions municipais deberían significar o inicio da caída do réxime do 78