¿Para onde imos?

28-12-2017 22:01

A vista dos acontecementos de Catalunya, todo pinta que se dirime algo mais que a súa posible independencia.

A celebración de un seudoreferendum catalán, aínda que non estivera autorizado, non é motivo suficiente para xudicializar ao procés e intervir as institucións catalanas, por que a súa celebración non conlevaba consecuencias xurídicas nin institucionais.

Non obstante, o goberno de Madrid tiña que aproveitar  a ocasión para facer unha demostración de autoridade.

Dun golpe, o Estado, representado polos partidarios do 155, destituía aos cargos da Generalitat, disolvía o Parlament, interviña as institucións catalanas e encarceraba ao goberno. É dicir, pasaba polo arco do triunfo a Constitución que dicía defender. O artigo 155, aínda con ser ambiguo, non é un cheque en branco nin patente de corso. Non se poden adoptar decisións que entren en conflito ou mostren contradición co resto dos artigos da Constitución e, neste caso, actuouse como se estiveran a facer unha nova Constitución.

Xa feitos co poder, o partido que tiña 11 escaños de 135, convoca eleccións que se celebran nunhas condicións totalmente anormais, con candidatos presos ou exiliados, ameazas, presións, coaccións, campañas mediaticas antisoberanistas, presión sobre as xuntas electorais, censura sobre determinadas expresións verbais o materiais, todo co a xustificación de voltar a legalidade e a normalidade.

Puigdemont aínda non estando conforme coas formas, decidía aceptar a convocatoria e preguntáballe ao bloque do 155 se aceptarían os resultados das eleccións.

Celebradas as eleccións a Generalitat segue intervida, segue habendo presos e exiliados, seguen as ameazas, “no nos temblará el pulso para seguir aplicando el 155 y encarcelar a quien haga falta” Rajoy e Zoido dixit, co cal non se observa que o bloque do 155 estea pola labor da volta á normalidade.

Evidentemente tén moito que ver que o independentismo voltou a gañar por maioría, e o bloque do 155 está a impoñer unhas condicións semellantes a xogar botando unha moeda ao aire coa condición de se sae cara gaño eu e se sae cruz perdes ti. Se gaño eu goberno eu e, se gañas ti, eu decido quen é o presidente e como se goberna. Se non me gusta como gobernas aplícoche o 155 e se non me gusta o President que propón o Parlament  meto en chirona.

Isto, en roman paladino, chámase modificar a constitución e a lei electoral pola porta traseira,  sen pasar nin polo Parlament nin polo Congreso dos deputados.

Se a isto engadimos que non hai unha separación completa dos poderes do Estado con un Tribunal Constitucional, Fiscal Xeral e  algúns tribunais teledirixidos polo bloque 155, diríamos que se está a producir unha preocupante involución democrática.

Cada vez parécese mais a esa Democracia Orgánica que pretendía implantar o réxime anterior ao ano 78.