COALICIÓN GALEGA ANTE AS ELECCIÓNS XERAIS DO 28-A

17-04-2019 16:45

O 15-M foi a explosión dunha sociedade farta e cansada dun sistema político esgotado que rematou nunha crise económica que empobreceu a maioría e levou á ruína a miles de familias.

Isto deu como resultado que se escachifara a correlación de forzas políticas por que a xente comprendeu que os dous partidos que estiveran gobernando durante corenta anos eran uns trileros políticos que non podían formar parte da solución.

Ate entón, estes dous partidos, estiveran disfrutando dunha cómoda alternancia que tiña como premio final un retiro glorioso mediante as portas xiratorias.

Era un bipartidismo case perfecto unicamente ameazado polo nacionalismo periférico que permanentemente reclamaba a descentralización do poder e que gracias a eso o sistema non se converteu nun monopolio absoluto dos gobernos de Madrid.

Ese cambio brusco que parecía vaticinar, ademais da desaparición do bipartidismo, tamén o fin do rexime do 78, que consiste básicamente en que as élites económicas poidan manexar á clase política gobernante para manter privilexios herdados do réxime anterior, fixo saltar as alamas dos posibles damnificados.

Rápidamente comeza a Operación Retorno encamiñada a recuperar o orde preestablecido co a colaboración do aparato mediatico-político para frenar a caida do réxime. Con anterioridade xa se iniciara unha paulatina e disimulada recentralización de competencias, mediante o suterfuxio constitucional que permite que  a ultima palabra lle corresponda ao goberno central, incluso nas materias transferidas.

Acoso e derribo das forzas políticas mais aperturistas, recorte de liberdades e dereitos cidadáns, represión da disidencia, ademais da recentralión de facto.

O 28 de abril celébranse eleccións a Cortes Xerais. Os precedentes do ciclo electoral iniciado en 2015 confirman que para Galicia é nefasto carecer de representación no Congreso dos Deputados e no Senado.

Que non nos enganen con que estas eleccións van de unha batalla entre a dereita e unha suposta esquerda que, nas cuestions de fondo teñen similares comportamentos e unicamente se diferencian en matices. Baste como mostra que, cando maior era o perigo de derrumbe do réxime do 78, dende o PSOE sairon voces reclamando que se deixara gobernar ao PP e incluso decapitaron ao seu Presidente para que esto fora posible.

Estas eleccións van de se se mantén o réxime do 78 con mais dureza represiva ou iniciar mudanza hacia un sistema mais democratico, mais participativo, mais descentralizado, menos corrupto e mais respetuoso cunha comunidade histórica como é Galicia.

A redución orzamentaria planificada para Galicia en 2019, polo goberno socialista, non é máis que o reflexo das consecuencias de non ter presenza propia en Madrid; un Goberno Central que supostamente é amigo da descentralización pretendía investir un 19 % menos con respecto a 2018. Convén lembrar que esta cifra xa estaba precedida por un aumento simbólico do 1,36 % en 2017 e un recorte do 32 % en 2016. Polo tanto, podemos concluír que Galicia estivo mal tratada os últimos anos baixo gobernos do PSOE e do PP porque non existiu a capacidade de condicionalos dende as Cortes.

Outra lección que aprendemos deste ciclo electoral pasado é que as hipotecas con grupos de non obediencia galega se pagan, máis tarde ou máis cedo. O caso dos deputados de En Marea (agás Alexandra Fernández) é representativo de que non abonda con que unha organización se presente as elccións cun nome distinto en Galicia, tamén ha de manter a súa total soberanía no parlamento. A disxuntiva para nós non é elixir entre esquerda ou dereita, senón entre mais ou menos democracia, entre galeguismo e centralismo e non podemos aceptar ningún argumento que xustifique que Galicia siga sendo tratada polo Estado como un territorio de segunda.

Galicia non pode permitirse outra lexislatura sen presenza de forzas autónomas nas Cortes Xerais; é moito o que nos xogamos por eso dende Coalición Galega pensamos que, dado o momento crucial que estamos a atravesar, o voto dos galegos ha ter como destino forzas de obediencia estritamente galega que teñen acreditada unha traxectoria histórica de defensa inequívoca dos intereses do país e non intereses espurios.